Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O teatro volta a Silleda da man de Sarabela ca adaptación de “A lingua das bolboretas”

Baseada no texto homónimo de Manuel Rivas, gran triunfadora dos María Casares deste ano, recalará o venres 24 ás 21:00 horas no auditorio da Bandeira con entrada libre


Laura Moure/Silleda

O teatro volta á programación cultural de Silleda da man de Sarabela Teatro, a prestixiosa compañía galega que vén de convertirse na gran triunfadora dos XXV Premios María Casares ca obra que recalará o vindeiro venres no auditorio municipal Manuel Dopazo da Bandeira. A lingua das bolboretas, baseada na exitosa novela de Manuel Rivas, conta a entrañable relación que manteñen o mestre don Gregorio e o neno Pardal a través da que se vai descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.


Dirixida por Gonçalo Guerreiro esta adaptación supón a volta da compañía a un dos seus autores “fetiche” despois de colaboracións co escritor como O lápis do carpinteiro (2000); O héroe (2005) e Os libros arden mal (2007). A montaxe, estreada a finais do pasado ano para celebrar o 40 aniversario da compañía, narra o proceso de aprendizaxe que emprende o rapaz da man do mestre (que simboliza a liberdade xerada polo coñecemento) e é testemuña da traxedida que supón vivir con medo e o crú impacto do

estalido dunha Guerra Civil.


A lingua das bolboretas foi a gran triunfadora dos premios María Casares de teatro, alzándose con catro galardóns dos: mellor dirección (GonçaloGuereiro), mellor espectáculo, mellor actor secundario (Fran Lareu) e mellor adaptación-traducción (Fernando Dacosta e Guerreiro).No elenco, ademais de Lareu figuran Fernando Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago, Fina Calleja, Josito Porto e César Goldi.


A cita con Sarabela e esta aclamada obra na escena galega será este venres 24 ás 21:00 horas, con entrada libre ata completar aforo.


Dende a Concellería de Cultura anímase ao público a achegarse ata o auditorio para disfrutar desta tenra e á vez dura historia con esta aclamada proposta de Sarabela Teatro.

20 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE