top of page

O talento dáse cita no EcoHotel Nós de Silleda

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

Acolle dende o venres a primeira edición de Xóvenes Talentos, unha gran iniciativa da Fundación Baiuca Verdescente


Laura Moure/IsmaelRS/Deza

O venres arrancou a I edición de Xóvenes Talentos, que rematará mañá, domingo. Nace a raíz do ambicioso proxecto da Fundación Baiuca Verdescente que aposta polo talento humano como motor de progreso, dinamización e modernización do noso rural e ten lugar no EcoHotel Nós de Silleda. Reúne á mocidade de entre 20 e 31 anos máis talentosa das comarcas do Deza e Tabeirós – Terra de Montes ou que gardan algún tipo de vínculo coas mesmas e tamén nos convidaron a ECOS DA COMARCA, polo que queremos agradecer que nos fixeran partícipes desta boa iniciativa que é ademais, tan necesaria para os mozos e para o rural.


Así que ECOS DA COMARCA estivemos este venres alí desfrutando dun marabilloso acto presentado por Andrés Seoane. Á chegada ao lugar, que destaca pola súa fermosa decoración con photocalls incluídos, a cada asistente entregóusenos unha moeda que tiñan o seguinte significado:

  1. Moeda de madeira: entregaránselle aos mozos e mozas de entre 20 e 31 anos en representación do seu talento.

  2. Moeda de prata: dirixida ás persoas que xa desenvolveron en gran medida o seu talento, pero que teñen aínda percorrido ata alcanzar o ouro.

  3. Moeda de ouro: reservada para as persoas que levaron o seu talento ao máximo, contando cun enorme éxito persoal e profesional, e destacando polo forte compromiso coa zona.

Cabe mencionar que a ECOS DA COMARCA nos entregaron a moeda de prata, o que nos fai moi felices, mentres que só dúas persoas recibiron a de ouro por toda a súa gran traxectoria e labor: Roberto José Rivas Martínez, ourensano pero con raíces familiares na parroquia silledense de Siador, e da Fundación Roberto Rivas e a súa esposa, María Eugenia Espinosa de los Monteros.


Rivas pronunciou unhas palabras agradecendo este recoñecemento en especial á presidenta de Baiuca Verdescente, Nieves López-Neira, quen durante a súa intervención fixo fincapé na importancia e no obxectivo desta iniciativa: a de ser un espazo para compartir experiencias, coñecementos e talento entre si e con persoas expertas nos máis diferentes campos e destacou a importancia do talento colectivo.


Pola súa banda, o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, agradeceu esta iniciativa e que se leve a cabo neste municipio, así como lembrou o marabilloso proxecto Dorotea impulsado en Silleda tamén pola Fundación Baiuca Verdescente. Tamén deu ás gracias a todos os voluntarios que durante este proxecto acompañaron aos maiores que por cuestións da vida se atopan sós.


Mentres, a directora xeral de Xuventude, a lalienense Cristina Pichel, recalcou que esta iniciativa contribúe ao desenvolvemento rural e que no rural hai oportunidades. E a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, non se cansou de aloxiar á fundación e este proxecto, indicando que lle parece unha idea extraordinaria, que vai máis alá do discurso, e que é unha idea das máis boas que viu en tempo. Tamén aproveitou para subliñar o talento dos mozos galegos, afirmando que en todos os países hai algún galego éxitoso.


A xornada completouse coa música da Nastasia Zürcher e tamén cunha sesión de astronomía.


Hoxe, sábado, a xornada inclúe as intervecións de Cristina Collazo, Cristina Pichel, Iago de la Campa, Marisol Soengas, Carmela Mola, Ana Pardo de Vera, Sergio Rodríguez, Elena Ferro e David Amor.


Por último, mañá domingo, a Vía da Prata será escenario dun evento deportivo de alto nivel no que participarán celebridades do mundo do deporte e que tomará como modalidade a de relevos xa que representa á perfección os valores de compañeirismo, traballo en equipo e solidariedade tan presentes no evento Xóvenes Talentos.


Máis fotos do evento na galería inferior:


NOTICIAS RELACIONADAS:


0 comentarios

Komentar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page