top of page

"O Sr. Taboada incumpre co acordado en pleno e dálle as costas ao turismo de Vila de Cruces", sinala o PP

Ecos da Comarca/Xeral

O 4 de outubro de 2023 aprobouse por unanimidade a reparación da ponte da Balsiña e o camiñodende Foxacos, pero xa pasaron, sinala o PP de Vila de Cruces, "practicamente tres meses e o señor Taboada e o seu equipo de Goberno non fixeron absolutamente nada ao respecto. A falta de dignidade do Goberno local con esta situación roza a indecencia, vimos alertando da perigosidade do estado desta ponte pola súa falta de seguridade, é unha cuestión prioritaria e que non hai lugar para a frivolidade".


Publicidade

O Grupo municipal do Partido Popular de Vila de Cruces insta unha vez máis a que o Goberno Local "actúe con total urxencia para a reparación da ponte da Balsiña para garantir a seguridade das persoas que o utilizan. A ponte da Balsiña é de madeira e atópase nun estado de total inseguridade e risco de que calquer camiñante poda resultar ferido ou caer no río. Se non acometen á reparación máis urxente teñen que precintar e señalizar a prohibición do acceso a dita ponte".


Publicidade

O camiño, apunta, "que transcurre dende Foxacos ata a Balsiña, na parroquia de Toiriz, atópase nun estado lamentable e intransitable pola falta de mantemento durante os últimos anos. O total abandono por parte do Goberno Local afecta gravemente os veciños do lugar da Balsiña que teñen que acceder por dito camiño, cunha lonxitude de 1.600 metros".

Publicidade

"A imaxe de abandono de infraestruturas básicas, coma neste caso, é un impacto negativo non só para o turismo de Vila de Cruces senón tamén para os veciños que utilizan esta ponte e o camiño de acceso. Durante estas últimas semanas, de novo e unha vez máis, foron varios os turistas aloxados que denunciaron ante o propietario da casa de turismo rural ó acceso en estado de total inseguridade".



0 comentarios

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page