top of page

O Son de Arzúa marcará a sesión vermú do domingo na Festa do Queixo que se pechará con Xisco Feijoo

Este concerto de “O Son de Arzúa” será interpretado por tres agrupacións emblemáticas deste municipio: O Bringuelo, a Banda de Música de Arzúa e a Rondalla Moraima


Laura Moure/Arzúa

A Festa do Queixo 2025 de Arzúa culminará a súa programación cunha xornada de domingo marcada pola música de raíz e o talento local. Para celebrar o seu 50 aniversario, a organización presenta un espectáculo único, O Son de Arzúa, xunto coa actuación de Xisco Feijoo, dous concertos que renderán homenaxe á identidade musical da comarca e á

tradición galega. Ademais, como novidade, este ano poderase volver disfrutar dos concertos libremente, sen aforo nin valado.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Son de Arzúa é unha proposta exclusiva creada especialmente para esta edición da Festa do Queixo. Trátase dunha fusión excepcional de tres agrupacións emblemáticas de

Arzúa—O Bringuelo, a Banda de Música de Arzúa e a Rondalla Moraima—que se unen

para ofrecer unha viaxe sonora que reflicte a esencia e o legado musical do concello. Cun

repertorio que mestura a música popular galega con arranxos orixinais e unha posta en

escena vibrante, este espectáculo converteráse nunha homenaxe á identidade cultural da

vila, enchendo o escenario de emoción, historia e sentimento.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde de Arzúa declarou sentirse “enormemente orgulloso do tecido musical do noso

concello. Temos a sorte de contar cunha canteira de artistas que levan o nome de Arzúa alá onde van. Celebrar o 50 aniversario da Festa do Queixo coa súa música é a mellor maneira de homenaxear a nosa cultura e a nosa xente”.


A Festa do Queixo conmemora medio século de tradición, sabor e identidade, e nesta edición tan especial, a música local será o fío condutor dunha celebración que quere render tributo aos seus protagonistas: as veciñas e veciños de Arzúa.

Xisco Feijoo
Xisco Feijoo

A xornada completarase coa actuación de Xisco Feijoo, unha das voces máis destacadas

da música tradicional galega. Tras máis de trinta anos de traballo de recuperación etnográfica e colaboracións con artistas de renome como Mercedes Peón, Xosé Manuel

Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junkera e Berrogüetto, Xisco Feijoo lanzou en 2021 o seu primeiro proxecto discográfico en solitario, Peixe. Agora, chega a Arzúa presentando a súa

nova proposta, Metamorfose de Peixe, unha evolución do seu traballo previo que incorpora

novas sonoridades e composicións, consolidando o seu estilo único. Ademais, no último ano ampliou a súa creatividade con proxectos como Traede Ferrallada e Cantares nos Camiños, propostas que poñen en valor a música tradicional cun forte compoñente didáctico.


Deste xeito, o domingo da Festa do Queixo converterase nun espazo de celebración e

reivindicación da música do país, nunha xornada que pechará cun broche de ouro esta

edición conmemorativa. A combinación de talento local e grandes figuras da música

tradicional reforza o compromiso da Festa coa cultura e identidade galegas, garantindo un

evento inesquecible para a veciñanza e visitantes.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page