O Son d'Aldea chega o 1 e 2 de setembro ás parroquias palenses de Curbián e Albá
- Laura Moure

- 30 ago 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Palas de Rei
O Parladoiro de Arqueixal, na aldea de Santiago de Albá, en Palas de Rei, acolleu o acto de presentación da XII edición de SON D´ALDEA. Asistiron á presentación o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, os integrantes da Asociación Son d´aldea: Julio Vázquez Toural, Azucena Pérez Souto, Luis Novo Ouro, Luis Carreira Valín e Afonso García Penas.

Este ano o SON D´ALDEA celebrase os días 1 e 2 de setembro, nas parroquias palenses de Curbián e Albá. O evento ten como un dos obxectivos principais proñer en valor e recoñecer, dignificar e recuperar os alicerces da vida aldea. Organización que leva a cabo a Asociación Son d´aldea, coa colaboración da Asociación cultural de veciños de Santiago de Albá, O Parzamique; Asociación cultural de veciños de Santo Xusto, Entreportas; Asociación cultural Buxaina, con Aqueixal e a Deputación de Lugo, o Concello de Palas de Rei, Caixa Rural, Xotramu, Metátese Teatro e Alentía Teatro.
Publicidade
Máis de cen actores e actrices de todas as idades, dirixidos por Afonso García Penas, conflúen nun intercambio de forza e coñecemento xenuíno, de varias xeracións e distintas procedencias(Santiago, A Estrada, Palas de Rei, Melide, Arzúa, Chantada, A Coruña, ….) interactuando entre si coa natureza, a aldea e o espectador, nun entorno senlleiro en Albá, Santo Xusto e Curbián.
Publicidade
A PROGRAMACIÓN DE AMBOS DÍAS NAS IMAXES:












Comentarios