O Son D’Aldea celébrase o 6 e 7 de setembro en Palas de Rei
- ecosdacomarca
- 30 ago 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora nunha nova edición do Son D’Aldea que terá lugar o 6 e 7 de setembro en Albá, en Palas de Rei. A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación da cita na que a área provincial colabora, a través do Servizo de Publicacións, na edición do libro “A Despedida”, que recolle o traballo realizado na anterior edición do festival.

Castro destacou a importancia desta cita que “recupera as tradicións e promove o uso o galego de Palas de Rei e da zona, por esta razón colaboramos coa edición do libro que permite gardar testemuña do Son d’Aldea pero tamén da lingua. Ademais achegamos a nosa música co concerto de Sheila Patricia, que o sábado soará a partir das 19: 30h.”. ECOS DA COMARCA estivemos onte na presentación e nos vindeiros días publicaremos vídeo.
Publicidade
Máis información: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-xxv-mostra-de-teatro-amador-de-palas-teatro-no-cami%C3%B1o-arranca-o-21-de-agosto
Comments