top of page

O socialista Mario López denuncia "o estado de abandono do pavillón municipal de Lalín"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

 “A este paso vai camiño de converterse nunha ruína irrecuperable como a vella pisicna”, sinala


Ecos da Comarca/Lalín

O concelleiro socialista de Lalín, Mario López, denunciou onte "o absoluto abandono no que o goberno municipal do Partido Popular está a deixar o pavillón municipal", unha situación que, como explicou, “ameaza con converter esta instalación nunha ruína sen posibilidade de recuperación, do mesmo xeito que xa ocorreu coa vella piscina”.

López achegouse onte ao polideportivo para comprobar as múltiples e evidentes deficiencias: "cables á vista, azulexos rotos en baños e vestiarios, redes deterioradas, sucidade acumulada e pingueiras, que mesmo poñen en risco a seguridade dos usuarios. “é unha situación insostible que demostra o desinterese do goberno local polo mantemento das infraestruturas deportivas de Lalín”, asegurou.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O edil socialista lembra que "o PP perdeu unha subvención de 2 millóns de euros de fondos europeos, solicitada en concorrencia competitiva, para a rehabilitación da piscina e o pavillónmunicipal. Unha perda que se debe á presentación dun proxecto mal deseñado que nin sequera cumpría cos requisitos da convocatoria. Este grave erro evidencia a falta de xestión e planificación do equipo de goberno do PP, que non só deixa caer as instalacións municipais, senón que ademais é incapaz de aproveitar os recursos dispoñibles para a súa mellora”, engadiu.


Para o concelleiro o que está a ocorrer coa piscina e o pavillón municipal “é o reflexo perfecto da nefasta xestión do PP no ámbito do deporte”. “Mentres deixan que estas instalacións se deterioren ata quedar inservibles, son centos de deportistas e estudantes os que teñen que facer uso dun pavillón en condicións deplorables”. López tamén lembra que cando o PP estaba na oposición reclamaba constantemente melloras para o pavillón municipal, unhas demandas que agora quedaron no esquecemento. “O que antes lles parecía unha urxencia agora considérano irrelevante. É a enésima mostra da súa incoherencia e o seu desinterese polas necesidades reais dos cidadáns”, conclúe o concelleiro socialista.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O PSOE de Lalín esíxelle ao goberno municipal que tome medidas urxentes para rehabilitar o pavillón e evitar que se converta noutra instalación inutilizable, como a vella piscina. “Os deportistas de Lalín merecen unhas instalacións dignas, non o abandono e a desidia á que nos ten afeitos o PP”, sentenza Mario López.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page