top of page

O socialista José Luis Camiñas: novo alcalde de Rodeiro

"Estou moi contento e agradecido. Agora toca traballar moito", sinala o mandatario


PLENO DE INVESTIDURA. ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

 

Laura Moure/Rodeiro

Rodeiro conta dende hoxe cun novo alcalde: o socialista José Luis Camiñas que logrou o apoio de Unidade por Rodeiro.

José Luis Camiñas. (Foto de arquivo).

"Hoxe 17 de xuño, teño novas responsabilidades. Estou moi contento e agradecido. Agora toca traballar moito", sinala o novo rexedor de Camba.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Cabe destacar que o exalcalde popular de Rodeiro Luis López tamén tomou posesión este sábado como concelleiro de Rodeiro, para poder ser así o novo presidente da Deputación de Pontevedra. "Hoxe tiven a honra e o orgullo de tomar posesión como membro da corporación municipal de Rodeiro por sexta lexislatura consecutiva. Quero trasladar os parabéns ao novo alcalde e desexarlle sorte, ao igual que a todos os demais membros da corporación, e garantirlle aos veciños de Rodeiro o meu compromiso e traballo para mellorar a súa calidade de vida e benestar. Coma sempre, moi agradecido", apunta López.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page