top of page

O SLG pide accións inmediatas das administracións ante a renovación dos contratos do leite

Ecos da Comarca/Xeral

Hoxe fai 15 días que se renovaron os contratos do sector lácteo en Galicia. "Quince días dende que moitas gandeiras e gandeiros se viron na obriga de asinar contratos abusivos. Quince días dende que outras non asinaron e por iso levan dende entón tirando o leite. No Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) temos constancia de que a día de hoxe hai granxas ás que aínda non lles vai ninguén a recoller -sabemos de dous casos concretos en Ribadeo e en Ribeira de Piquín (Lugo) que a estas alturas aínda non solucionaron con ningunha empresa, pero de seguro que haberá máis-".

Granxas, apunta o sindicato, "que están a tirar diariamente o produto que, con tanto esforzo e tendo en conta o custo da vida, lles supón manter. Porque son moitas as granxas que están nunha crise que pode rematar co seu proxecto senón hai unha actuación inmediata por parte da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, do Ministerio de Agricultura e da Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA). A que agardan? A que as granxas pechen e non haxa volta atrás? Noutras Comunidades do Estado Español, como o caso de Cantabria, activouse unha axuda destinadas ás granxas que quedaron sen recollida, por encontrarse en zonas afastadas, como alta montaña e de especial dificultade de acceso, para compensar as dificultades que as produtoras e os produtores están a ter. E en Galiza, que se vai facer?".

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Dende o Sindicato Labrego Galego alzan a voz en sinal de alarma. "A administración non pode seguir mirando cara a outro lado. A estas alturas xa non serven as palabras, precisamos actuacións concretas e urxentes. A que esperan, a que chegue unha nova renovación de contratos? Premiar ás industrias abusivas? Con que leite lle darán de beber ás súas fillas e fillos? Co que virá dun lugar afastado do territorio por non saber frear esta crise que pon en perigo ás gandeiras e aos gandeiros de Galiza, a principal produtora de leite do Estado Español? Hoxe dende o Sindicato Labrego Galego facémonos todas estas preguntas erguendo a nosa voz en sinal de alarma, a alarma dun país que se está deixando ir e ninguén lle tende a man. Onde está a Consellería do Medio Rural cando as labregas e os labregos precisan dela?".

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Sinalan que esta organización seguirá loitando para que dunha vez por todas se chegue a unha solución e que as persoas gandeiras vexan recoñecidos os seus dereitos, amparados pola Lei da Cadea Alimentaria.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page