top of page

O SLG esixe que as ampliacións da PAC polos problemas técnicos non conleven prexuízos para as labregos

"Erros persistentes na aplicación están depauperando a calidade da súa tramitación e afectando á saúde das persoas tramitadoras", sinala o sindicato


Laura Moure/Xeral

Ante a confirmación da ampliación do prazo de tramitación da Política Agraria Común (PAC) ata o 31 de maio, dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) esixen que a mesma non teña como consecuencia prexuízos directos para as persoas labregas, nomeadamente o atraso no pagamento das contías a percibir. "Dificultade para afrontar créditos que vencen a final de ano, imposibilidade de cubrir facturas ou de acometer melloras técnicas necesarias, son algúns dos problemas que se virían a engadir ás complicacións cotiás que conlevaría a demora no pago, agravando a vulnerabilidade económica das granxas galegas", sinala.


Nin as persoas labregas nin as entidades tramitadoras pedimos nunca a dixitalización da tramitación da PAC. É máis, dende que comezamos con este sistema non deixamos de notificar erros e incidencias na aplicación informática, que depauperan a calidade do propio proceso de tramitación, limitan o tempo adicado ao asesoramento, xeran incerteza e preocupación entre as persoas solicitantes e un desgaste psicolóxico brutal para as persoas tramitadoras”, explica Ana Rodríguez, gandeira de vacún experta en políticas agrarias e integrante da Dirección Nacional do SLG-CCLL.

Logo de tres campañas de tramitación da actual PAC fica claro que, canto menos no Estado español, non existen as condicións técnicas para que un proceso desta gran

complexidade sexa tramitado electronicamente cunha fluidez razonable.


"Como denunciamos fai apenas un mes, canda as habituais ralentizacións e as reiteradas suspensións de funcionamento absolutamente todos os días (a páxina queda “colgada”), as entidades tramitadoras estamos tendo que afrontar tamén fallos técnicos específicos que imposibilitan o avance das solicitudes, tales como problemas coas capas de concentración parcelaria non integrada, que nos bote fóra da aplicación logo do paso final de validación despois de estar moito tempo traballando na solicitude ou os erros constantes no cálculo da carga gandeira -que temos que solventar facendo as contas a man-, así como na consulta de información das explotacións á base de datos do SITRAM autonómico".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tamén o aumento no número e tipo de datos solicitados -como por exemplo a data de inicio e fin de cultivo de todos os recintos declarados na PAC, que na Galiza implica un número significativo, habida conta do modelo minifundista-, o mal funcionamento de ferramentas da aplicación, os continuos problemas cas fotografías xeoreferenciadas ou os paróns da páxina de tramitación en horario laboral para proceder ás reparacións pertinentes, súmanse a unha retahía de incidencias que deberían, canto menos, levar ás administracións públicas galegas, estatais e europeas a realizar unha valoración da eficacia real que implica a dixitalización total dun procedemento destas características. "Na mesma deberíase ter en conta tamén o orzamento público gastado en mercar este tipo de aplicacións informáticas, moi caras, e que logo están demostrando non proporcionar cunha calidade mínima o servizo para o que foron adquiridas", recalca o sindicato.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, apunta que canda a solicitude de que a mala calidade da aplicación informática da PAC non acabe tendo como consecuencia negativa a demora nos pagos ás persoas produtoras de alimentos, "querémonos dirixir especificamente á Xunta de Galicia para solicitar que polo menos o ano que vén a publicación da Orde sexa en tempo, xa que este ano o prazo estatal de solicitudes iniciou o 20 de febreiro, pero a Administración galega publicou a Orde varias semanas máis tarde, o 5 de marzo, polo que no noso país comezamos a tramitación con complicacións engadidas que non se deron noutros territorios".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page