top of page

O SLG esixe actuacións ante a propagación da vespa velutina

Adiante que se as Administracións non toman as medidas necesarias para o seu control, convocará mobilizacións


Ecos da Comarca/Xeral

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) alerta, outro verán, do aumento da vespa velutina en Galicia, unha ameaza coa que convivimos ano tras ano. "A súa propagación, afectada en gran medida polo cambio climático, canda o aumento da infección varroa destrutor, ocasionan unha altísima mortaldade das abellas e pon en perigo o sector apícola", lamenta.

Dende comezos do século a produción por colmea reduciuse á metade, pasando dunha media de 20 quilos por colmea a 10 quilos, isto está motivado precisamente por termos un clima cada vez de máis extremos, que provoca que os períodos de floración sexan máis curtos ou que por mor das inclemencias meteorolóxicas -moita calor ou moita choiva- directamente as abellas non as aproveite”, afirma o mozo apicultor, Brais Álvarez, secretario de Acción Sindical do SLG.


"Como reflectimos nun comunicado o pasado 20 de maio, no Día das Abellas, dende o Sindicato Labrego Galego demandámoslle á Xunta de Galicia, ao Ministerio de Agricultura e á Unión Europea que poña a andar un plan de actuación coordinado e con fondos suficientes para frear o avance da vespa velutina e outras especies invasoras que ameazan a supervivencia das abellas, e que cubra os gastos derivados das perdas que ocasiona a vespa velutina, dando unha axuda a tanto alzado sobre o censo anual en relación ás baixas directas e indirectas que xera a vespa velutina".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

E recalca que "precisamos lexislar, investigar e encontrar novos métodos para combater a velutina. Ademais, hai países que están valorando a creación de lexislación e normativas arredor da vespa velutina, como é o caso de Alemaña ou Francia. Por exemplo, en Europa estase traballando para estudar os efectos do que se chaman as trampas troyanos, analizando que efectos podería ter no medio ambiente e na velutina o seu uso e en que produtos".

 PUBLICIDADE

Contacta con nós!
Contacta con nós!

Por iso, no SLG, piden que se avance na lexislación, investigación e en novos métodos para combater a vespa velutina. “Somos consciente de que actualmente é un momento complexo pola presenza da varroa destrutor pero, unha vez que se remate a época da esmelga -ao fin do verán-, se non hai unha resposta por parte da Administración, imos convocar as todas as asociacións e colectivos de persoas abelleiras co fin de organizar unha gran concentración en Galiza, en Compostela ou onde sexa preciso”, sentencia Brais Álvarez.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page