top of page

O Sisto (Dozón): A terra antes que o altar

Artigo de opinión de Mario Vila, veciño de Dozón, no que denuncia "unha situación que atenta contra a nosa identidade cultural, histórica e legal" en referencia ao topónimo da súa parroquia


Mario Vila/Dozón

Mario Vila envía este artigo de opinión titulado O Sisto (Dozón): A terra antes que o altar. A través deste artigo, este veciño de Dozón, denuncia publicamente "unha situación que atenta contra a nosa identidade cultural, histórica e legal" porque lamenta que "actualmente, as plataformas oficiais da Diócese de Lugo están a usar o termo "Sixto" para referirse á nosa parroquia. Isto non é un simple erro ortográfico, senón unha vulneración da lei e un borrado da nosa historia".

Os puntos clave, apunta, desta denuncia son:

  • ​"Vulneración da legalidade: O uso de "Sixto" incumpra a Lei 3/1983 de Normalización Lingüística e o Decreto 6/2000 do Nomenclátor da Xunta de Galicia, que establecen que a única forma oficial e válida é O Sisto.

  • Esixencia de rectificación: Pedimos á administración eclesiástica que actualice as súas fichas e respecte a toponimia oficial e o patrimonio inmaterial do noso pobo".


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O SISTO (DOZÓN): A TERRA ANTES QUE O ALTAR

"Na toponimia galega, os nomes son fósiles que falan de quen fomos. Porén, algúns sofren deturpacións que borran a súa esencia. O caso do Sisto, en Dozón, é paradigmático: unha "X" intrusa (Sixto) teimou en converter un asentamento milenario nunha referencia eclesiástica inexistente.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A ciencia onomástica desmonta o mito: o nome non procede do papa Sixto II nin do mineral xisto. A proba definitiva reside na propia historia da parroquia. Antes de ser San Xoán do Sisto, o templo estivo consagrado a San Vicenzo. Que o topónimo permanecese inmóbil mentres os patróns mudaban demostra que "O Sisto" xa estaba alí antes que a organización parroquial. É o nome da terra, non do santo.


A súa raíz real é o latín sistere (deterse, asentarse). O Sisto fálanos dun lugar onde os camiñantes decidiron botar raíces. Malia que o Nomenclátor Oficial recoñece a forma con "S", a Diocese e certas administracións persisten no erro do "X", unha castelanización que ignora a etimoloxía e a loita veciñal.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Exiximos á Igrexa que unifique criterios coa legalidade e o rigor histórico. Manter "Sixto" é rezarlle a un erro ortográfico e dar as costas á memoria dun pobo que, moito antes de ter patrón, xa tiña nome. Respectar a grafía do Sisto é, en definitiva, respectar a propia historia de Dozón".


Mario Vila, veciño de O Sisto.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page