top of page

O Sindicato Labrego pide a xubilación anticipada sen penalizacións para as persoas traballadoras do agro

Solicita entrevistas con todos os grupos políticos


Laura Moure/Xeral


No marco desta reivindicación, o Sindicato Labrego Galego lanza unha campaña a prol dunha xubilación anticipada sen penalizacións para as persoas traballadora do agro, cun vídeo composto de testemuñas que poñen o foco na urxencia desta medida. Ademais, solicitaremos entrevistas con todos os grupos políticos e continuaremos avanzando na campaña.

ree

"Consideramos que é unha cuestión de xustiza, dado o carácter penoso, perigoso e altamente esixente do traballo no campo. Só no ano 2023, rexistrouse un índice de mortalidade laboral no sector agrario de 8,23 mortes por cada 100.000 persoas traballadoras —o índice máis alto do estado español—, unha taxa que case se triplica coa idade, pasando a ser máis de 20 por cada 100.000 persoas a partir dos 55 anos", recalca o sindicato.


As testemuñas que participan na peza audiovisual, elaborada polo gabinete de comunicación do Sindicato Labrego Galego, sinalan a dureza a vida no campo, un traballo que se realiza os 365 días do ano. Un traballo físico, onde se cargan pesos constantemente, e que é moi complexo seguir realizando a partir 65 anos. “Estamos a reivindicar o máis normal do mundo”, afirman, “non estamos a pedir ningún privilexio”.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En palabras de Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do SLG, gandeira e produtora de faba en Lourenzá: “Estamos a falar dunha actividade que require un uso intensivo da forza física, o manexo de animais de gran porte e de maquinaria pesada, traballo ao aire libre en condicións extremas ou tendo que manter malas posturas e cunha exposición constante a produtos tóxicos. Por poñer un exemplo, unha vaca de carne ou un macho pode superar os 1.000 quilos de peso, e manexar estes animais pode ser bastante perigoso e require unha boa saúde física e mental”, declarou. “Por este motivo, pensamos que é de xustiza que a nosa profesión se inclúa dentro do catálogo de profesións que poden anticipar a súa xubilación sen ter que chegar aos 67 anos e cobrando o 100% dos dereitos e prestacións”.


Tanto o SLG, como COAG e UATAE subliñan ademais a especial afectación e vulnerabilidade das mulleres labregas, que asumen unha dobre carga física e mental. Moitas veces, ademais, cun nivel elevado de medicación nos últimos anos da súa vida laboral, sen que iso se vexa recoñecido nas súas condicións de acceso á xubilación.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Para o SLG-CCLL é fundamental que o Goberno aplique os coeficientes redutores para a idade de xubilación no sector agrario, algo que xa se contempla noutros sectores con recoñecemento de penosidade como a minería ou os corpos de bombeiros. "Reivindicamos que esta medida sexa aplicada con carácter urxente e de forma xusta, garantindo que quen traballou toda a súa vida no campo, poida acceder a unha xubilación digna, sen penalizacións e con todos os seus dereitos recoñecidos".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page