O silledense Julio Ferradás e Francisco Rodeiro de Touro destacan no XXVIII Campionato Galego de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril
- Laura Moure
- 17 jun 2024
- 2 Min. de lectura
O de Silleda logrou o terceiro posto
Laura Moure/Silleda/Touro
Abegondo foi o lugar elexido pola Federación Galega de Caza para celebrar o XXVIII Campionato Galego de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, tal e como informa a entidade a través da súa web. Unha proba desputada o pasado sábado, día 15, e que contou coa colaboración e enorme traballo da Asociación de Cazadores de Abegondo. Entre os gañadores figuran dous veciños das comarcas.

Os monteiros e cans clasificados nas respectivas fases provinciais dividíronse en tres campos para afrontar a semifinal na que os cinco mellores clasificados de cada campo desputaban a gran final. Nesta fase clasificatoria destacamos a participación de Antonio Sánchez con “Chico”, do silledense Julio Ferradás con “Copi” e do veciño de Touro Francisco Rodeiro con “Pistolas” que obtiveron as mellores puntuacións de cada campo.
Publicidade
Unha vez realizado o sorteo de participación por parte do Director da Proba e Delegado da especialidade, Jaime González, deu comenzo a gran final. Unha final na que o lucense Martín Martínez García coa cadela “Roma” compretaban unha gran prestación que o convertían no novo Campión Galego da especialidade con 224,66 puntos. Foi o pontevedrés Salvador Sestelo Núñez o que coa súa cadela mestiza “Beba” obtiña o segundo posto con 224 puntos, e decir, a menos dun punto do campión o cal amosa o enorme nivel da fase final. O monteiro silledense Julio Ferradás Rozas con “Copi” compretaba o podio co bronce acadado despois dunha participación que lle reportou
221,33 puntos.
Por terceiro ano consecutivo, o lucense Michael Otero Folgueira recibiu a placa de campión da Copa Galicia da especialidade, obtida grazas ao bo facer durante toda a tempada co seu can de nome “Chacho”
A Selección Galega para a desputa do Campionato de España quedou conformada polos seguintes monteiros: Martín Martínez, Salvador Sestelo, Julio Ferradás, Miguel Ángel Rey, Michael Otero (por Copa Galicia), Antonio Sánchez (por Copa Galicia), Cristóbal Cacheda e Francisco Rodeiro. Un Campionato Nacional que se desputará o vindeiro día 29 de xuño en Asturias.
Publicidade
Na entrega de premios e clausura o Delegado Autonómico, Jaime González, agradeceu a deportividade e participación de todos os monteiros nas diferentes probas realizadas ao longo do ano. Pechaba o acto o presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, destacando o alto nivel dos galegos nesta especialidade desexando que o título nacional veña para Galicia no vindeiro Campionato de España. Fidalgo fixo unha mención especial para o participante Antonio Sánchez polo primeiro posto acadado, en días atras, co seu can “Chico” na Copa España Mutuasport de Xabaril.
Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.
Comments