O silledense Joselu, convocado de novo pola Selección Española de fútbol
- ecosdacomarca
- 3 jun 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Esta semana falamos de Joselu porque o Real Madrid está ultimando todos os detalles para a súa fichaxe. Pero hoxe temos que falar de novo do xogador silledense, dianteiro do Espanyol. Unha vez máis foi convocado pola Selección Española para disputar a Final Four da UEFA Nations League.

Tal e como informa a Real Federación Galega de Fúbtol "un total de 23 futbolistas, entre eles o galego Joselu Mato, forman parte da lista da Selección Española para a disputa da Final Four da UEFA Nations League que se disputará este mesmo mes de xuño nos Países Baixos. Xogadores e corpo técnico co seleccionador nacional Luís de la Fuente á fronte comezarán a súa concentración o venres 9 de xuño na Cidade do Fútbol, desde onde viaxarán a seguinte semana con destino á cidade neerlandesa de Enschede, cidade que albergará o xoves 15 de xuño a semifinal fronte a Italia".
Ademais sinala que "o domingo 18 disputarase a gran final do torneo en Róterdam, así como o encontro polo terceiro e cuarto posto na localidade de Enschede".
NOTICIAS RELACIONADAS:
Convocado pola Selección Española: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-futbolista-silledense-joselu-convocado-de-novo-pola-selecci%C3%B3n-espa%C3%B1ola
Fixo historia no partido contra Noruega: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-silledense-joselu-marca-nun-minuto-dous-goles-que-lle-dan-a-vitoria-a-espa%C3%B1a-fronte-ao-noruega
Fichaxe do Real Madrid: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-real-madrid-xa-est%C3%A1-moi-preto-de-pechar-a-cesi%C3%B3n-do-xogador-silledense-joselu
Commenti