Laura Moure/Silleda
O veciño de Laro (Silleda) José García, que organiza múltiples accións solidarias ao longo do ano, conseguiu recadar máis de 200 xoguetes na campaña celebrada esta fin de semana na súa parroquia.
Ademais, houbo alguén que tamén donou un carrito para bebés. Todo o recaudado destinarase ao programa Silleda Solidaria.
"Unha vez máis grazas. Non hai palabras para vos dar as grazas a todos e todas pola vosa solidaridade porque grazas a vós moitos nenos e nenas sen recursos do concello de Silleda este Nadal van a poder recibir un xoguete e así cumprir esa ilusión", agradece José García. "Os que non puidestes acudir por algún motivo persoal e queirades poñer un granito de area podedes ir ao departamento de Servizos Sociais de Silleda que alí vanvos recoller as vosas aportacións", engade.
Papá Noel
Por outra banda, o día 31 pola tarde (de 15:30 a 18:30 horas ) os nenos e nenas de Parada terán unha visita moi especial nas súas casas: a de Papá Noel. Isto será posible porque José García e a Asociación de Veciños de Parada conseguiron contactar con Laponia e facer que Papa Noel fixese un oco na súa axenda para desprazarse nesa data a esta parroquia sillendense. Seguiranse todas as medidas para loitar contra o coronavirus.
NOTICIAS RELACIONADA:
Comments