top of page

O silledense Christian Costoya, campión de Europa de Karting

Ecos da Comarca/Silleda

O silledense Christian Costoya, de 15 anos, non para de recolectar éxitos, algo que leva facendo dende cativo. Agora acaba de proclamarase campión de Europa de karting na categoría OK, na que compiten os maiores de 14 anos.

Christian Costoya. Autor da foto: All Road Management.
Christian Costoya. Autor da foto: All Road Management.

O Concello de Silleda felicitouno a través das redes sociais:

"Desde Silleda ao máis alto de Europa, Christian Costoya, acaba de proclamarse campión de Europa na categoría Ok, facendo historia no mundo o automobilismo.


Un talento descomunal, unha carreira impecable e unha paixón que emociona.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Gañou a pole, todos os heats e a final en Viterbo (Italia.) Un pleno absoluto que confirma o que aquí xa sabiamos: temos unha xoia do motor.


Grazas,  Christian, por levar o nome de Silleda polo mundo adiante e por facernos soñar contigo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ese título é teu... pero tamén é un pouco de todas e todos nós.


Seguimos soñando, Christian".


Dende o equipo de ECOS DA COMARCA: Moitos parabéns!!

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page