Laura Moure/Silleda
O deporte silledense segue recolectando éxitos. Desta vez co pádel e ca victoria de Agustín Fernández Molinero, que este domingo gañou o campionato galego de menores disputado no círculo mercantil de Vigo, o que o reafirma como número 1 do ránking galego. Agustín, xogador do FMSport Pádel e da selección galega, clasifícase tamén para o TYC Premio de Salamanca que se disputará en abril cas 16 mellores parellas de España.
Agustín Fernández Molinero
Comments