top of page

O silledense Álex Silva Lage ingresa no Centro galego de Tecnificación Deportiva

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O loitador do Keltoi, que se proclamou campión de España en 2019, foi recibido no Concello de Silleda


Laura Moure/Silleda

O deportista silledense Álex Silva Lage vén de ingresar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, en Pontevedra, onde ademais de continuar cos seus estudos adestrará de xeito intensivo na disciplina na que vén acadando una enorme proxección nos últimos anos, a loita.


Militante do club Keltoi, con sede en Vila de Cruces, Álex Silva, natural da parroquia de Laro, ten 16 anos e o pasado ano proclamouse campión de España na categoría de Cadete. Aínda que por mor da pandemia non puido acudir á cita europea, o palmarés de Silva e a súa traxectoria auguranlle un futuro prometedor. O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Deportes, Mónica González, recibiron en días pasados a Silva no Concello.


“É un orgullo para todos nós contar con xente nova coma Álex e outros deportistas que ademais dos seus éxitos están a promocionar tamén o nome do noso municipio”, sinala o alcalde.


Silva, que comezou a practicar este deporte con tan só cinco anos, foi un dos poucos deportistas elixidos para entrar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, o referente do talento deportivo en Galicia que neste curso contará con 115 alumnos e alumnas de 14 modalidades deportivas ( atletismo, bádminton, ximnasia acrobática, iudo, , kárate, loita,

piragüismo, remo, taekuondo, triatlón, vela, trampolín e natación artística).


Cambio horario Carboeiro

Por outra banda, o Concello de Silleda informa que o horario de apertura do Mosteiro de Carboeiro cambiou. Agora abrirase de martes a domingo (luns pechado) en horario de 11:00 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page