Atópase “físicamente ben e con poucos síntomas, anque cansado”, está cumprindo a corentena no seu domicilio “ca mente posta en poder debutar o 1 de xullo en Letonia
Laura Moure/Palas de Rei/Deza
O piloto de Palas de Rei Luís Vilariño, que entre os vindeiros días 18 e 20 de xuño tiña previsto debutar con José Murado como copiloto no European Rallye Championship (ERC) disputando o 77º Rallye de Polonia co dorsal número 31, viuse obrigado a pospoñer a súa estrea europea ao dar positivo por Covid-19 nunha proba PCR realizada antes de partir cara a Varsovia. Luís Vilariño da Escudería Lalín Deza, que se atopa “fisicamente ben e con poucos síntomas, aínda que canso”, está a cumprir a corentena no seu domicilio “coa mente posta en poder debutar o 1 de xullo no Rallye de Liepā ja, en Letonia, segunda proba puntuable para o FIA ERC”.
“Non está a ser o inicio de tempada esperado, primeiro polas circunstancias de Kuku que obrigaron a substituílo por Murado e logo polos abandonos no Rallye Terras Altas de Lorca e no Terra da Auga. Pero agora toca mirar cara a adiante, porque o equipo segue a tope de ilusión e seguro que virán tempos mellores”, asegura Luís Vilariño. “Nestes momentos, máis que nunca, queremos agradecer a confianza dos patrocinadores, porque o Rallye de Polonia era o primeiro gran escenario europeo para reportarlles visibilidade e non vai poder ser, pero trataremos de compensalos dalgún modo nas seguintes probas en Letonia, Italia, Repúblicha Chega, Portugal, Hungría e Canarias”.
Commenti