top of page

O Servizo de Atención Temperá de Antas, Monterroso e Portomarín atendeu 56 casos no último ano

É totalmente gratuíto


Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla destaca "o excelente traballo do Servizo de Atención Temperá, con 56 casos atendidos no último ano nos municipios de Antas, Monterroso e Portomarín". O servizo aos tres concellos préstase dende as aulas exteriores do Colexio de Antas de Ulla, aínda que se trasladará proximamente á Casa da Cultura cando o espazo estea preparado. É totalmente gratuíto para as familias que fan uso do mesmo.

A atención temperá é un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos que ten por obxectivo dar resposta ás necesidades que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou risco de padecelos.


"Trátase dun servizo fundamental para a cativada da zona, e dende a Comisión Mixta do servizo, integrada por persoal do mesmo e por membros das corporacións municipais dos tres concellos, facemos unha valoración moi positiva do seu labor", sinala a alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto.


A Comisión Mixta do Servizo de Atención Temperá de Antas de Ulla, Monterroso e Portomarín reuniuse este mércores para analizar o funcionamento do servizo e planificar a súa actividade neste novo curso. Dos 56 casos atendidos no último ano, 23 eran nenas e 33 eran nenos. 32 procedían de Monterroso, 19 de Antas de Ulla, e 5 de Portomarín. A idade media da cativada atendida foi de 44,8 meses.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O servizo conta con diferentes profesionais en áreas como a psicoloxía, a logopedia, a educación infantil ou a terapia ocupacional. 15 dos casos atendidos foron por problemas de fala ou linguaxe, 9 por problemas afectivo-emocionais, 8 por demora no desenvolvemento e 6 por problemas sindrómicos. Outros casos atendidos debéronse a problemas de conduta, problemas de hábitos, problemas cognitivos, sensoriais ou motrices e outros motivos. 21 dos casos foron detectados no sistema sanitario, 15 nas familias, 11 nos colexios e 9 nos servizos sociais.


Segundo as bases destas axudas, puideron ser obxecto destas subvencións aqueles proxectos que contasen cun máximo de 8 persoas voluntarias. No entanto, no caso de que as solicitudes fosen achegadas por entidades locais resultado dunha fusión, agrupación, asociación, mancomunidade ou similar, a cifra de participantes podía ser de ata 20 persoas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page