Irá dirixido á poboación de entre 31 e 65 anos
Laura Moure/Boimorto
O Concello de Boimorto informa que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) levará a cabo un cribado neste municipio. "Debido ao aumento de casos destes días fará un cribado masivo con test de antíxenos no noso concello. A poboación obxeto deste cribado é a comprendida entre 31 e 65 anos. Nestes momentos xa están empezando a chegar as primeiras mensaxes", sinala o Concello.

O goberno local roga a "toda aquela persoa que reciba a mensaxe que acuda ao cribado co fin de poder avaliar a incidencia da enfermidade no noso termo municipal" e agradece ao Sergas "a súa boa boa disposición para facer este cribado en tan breve espazo de tempo".
Cabe mencionar que Boimorto leva semanas no nivel medio de limitacións e sitúase, segundo os últimos datos proporcionados polo Sergas, cunha escala de entre 1 e 9 contaxios.
コメント