top of page

O Serán cativo abre a programación cultural de setembro en Arzúa

O vindeiro venres 1 de setembro haberá xogos tradicionais e un espectáculo musical para público infantil e familiar


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para o vindeiro venres, día 1 de setembro, o cuarto Serán cativo que abrirá a programación cultural do mes de setembro encadrada no programa de actos do verán.

Esta iniciativa volve por cuarto ano consecutivo despois da boa acollida que tivo nas anteriores edicións. Trátase da celebración dun evento con actividades para por en valor a cultura e lingua propias de Galicia dirixidas ao público infantil e familiar que se desenvolverán durante a tarde na Praza de Galiza.


Publicidade

A partir das 18:00 horas levarase a cabo un obradoiro de xogos tradicionais e ás 20:00 horas contarase co espectáculo Rapazada dos 90. Trátase dun espectáculo de recente creación con música dos anos 90 e con letras reinventadas en galego que recolle con humor e nostalxia as lembranzas da infancia nesa década. A través de bases musicais, piano e voz en directo, ponse en escena un espectáculo con cancións coñecidas pola xeración da nais e dos pais das nenas e nenos de hoxe, que aprenderán un pouco máis sobre a infancia dos seus proxenitores.


Segundo manifestou este xoves o concelleiro de Cultura, José Luís García, “esta iniciativa naceu co dobre propósito de facer partícipe ás novas xeracións da actividade cultural e de divulgar entre elas a nosa cultura, música e tradicións”. Ademais asegurou que “as actividades están pensadas para que desfruten tanto as crianzas como as persoas adultas convertíndose nun magnífico evento para participar en familia”.


Publicidade

Todas as actividades serán de balde e de acceso libre

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page