O sector do mar protesta en Vilagarcía na visita dos conselleiros de Mar e Medio Ambiente ao Intecmar
- ecosdacomarca
- 20 mar
- 2 Min. de lectura
A PDRA berrou contra Altri e a Mina de Touro “en defensa do noso mar”
Ecos da Comarca/Xeral
Un grupo de representantes do sector do mar e da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) protestou este mércores diante do Intecmar (Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia) en Vilagarcía de Arousa ao berro de “Nin Altri nin Mina coidemos a ría”, nunha visita que o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, realizaron a este centro. Ás portas do Intecmar, o sector portou un cartaz co lema “en defensa do noso mar” e afeáronlle aos dous conselleiros da Xunta de Galicia “o apoio” que o Goberno galego está a darlle tanto a Altri coma á reapertura da Mina de Touro, coa tramitación dos dous coma Proxectos Industriais Estratéxicos (PIE).

Desde a PDRA explican que o motivo desta acción foi criticar o papel que a Xunta de Galicia está a ter colocando “unha alfombra vermella” a dúas industrias “altamente contaminantes” que de seguir adiante van a supoñer “a morto do río Ulla e da Ría de Arousa” e tamén a afección á auga potable que reciben deste río 11 concellos desde a Comarca da Ulloa até a Ría de Arousa e máis de 140.000 habitantes.
Tamén criticaron os representantes do sector do mar o feito de que fora o pasado 14 de marzo a Consellería de Medio Ambiente, departamento que dirixe Ánxeles Vázquez, o que asinada a primeira Declaración de Impacto Ambiental (DIA) positiva para o proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. Desde a PDRA afeáronlle á conselleira na súa visita a Vilagarcía a “DIA express e de carácter político que retrata” o que a Xunta de Galicia está a facer nesta tramitación.
Publicidade
Os manifestantes lembraron que o vindeiro 22 de marzo, Día Mundial da Auga, A Pobra do Caramiñal amosará á Xunta “a dignidade de todo un pobo, da terra ao mar, unidos todos como nunca para decir non ao futuro do espolio que está a deseñar o goberno de Rueda”.
Comments