O presidente da Xunta acompañado polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, participou na procesión
Laura Moure/Lalín
A Virxe do Corpiño (Lalín) é unha das máis veneradas das comarcas. Ata este templo, da comarca de Deza achégase cada día devotos de distintos rincóns das xeografía para facer as súas peticións e para dar as gracias. Este luns, 24 de xuño, o santuario celebrou a súa romaría grande anual.
Publicidade
Así hoxe celebrouse a Romaría da Benaventurada Virxe María de O Corpiño. VI Aniversario da súa Coronación Pontificia e Clausura do Ano Santo 2023-2024. Houbo misas dende ás oito da mañá. Ás 11 foi a misa dos enfermos, ás 12 horas, a Santa Misa Solemne cantada polo Coro “Nuestra Señora de O Corpiño" e ás 13 horas foi a Gran Petalada seguida da procesión coa imaxe da Virxe á que asistiron centos de devotos.
A música correu a cargo da Banda de Música de Vilatuxe e dun grupo de baile e música tradicional galega coa despendida da Benaventurada Virxe María de O Corpiño. Pola tarde, ás 17 e 18 horas, tamén houbo misas e despois desa hora tivo lugar o peche da Porta Santa e a Clausura do Ano Santo Mariano.
Publicidade
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, participou tamén na procesión da Virxe María do Corpiño.
Publicidade
O domingo 30 de xuño haberá misas dende as 9 horas. Ás 12 horas será a Santa Misa Solemne cantada polo Coro “Nuestra Señora de O Corpiño" coa consagración de todos os devotos á Benaventurada Virxen María de O Corpiño. Tamén actuará un grupo de música tradicional galega e pola tarde, haberá misas ás 17, 18 e 19 horas.
Máis información deste Santuario na súa web:
Comments