O San Xoán: a noite onde o sol baila e a sardiña molla o pan
- Laura Moure
- 23 jun 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Xeral

Hoxe celébrase unha das noites máis máxicas do ano: a de San Xoán. É cando o sol baila e a sardiña molla o pan!
Son múltiples os ditos que recolle o refraneiro popular sobre esta data. Algúns como estes:
Maio treboado e San Xoán claro fan un ano temperado
No día de San Xoán baila o sol pola mañán
Si San Xoán chora, a silveira non dá mora
Por San Xoán a sardiña molla o pan
Ademais, esta celebración inclúe distintos rituais. Entre eles está o relacionado coas fogueiras, típicas desta festividade. Pasar por encima do lume da fogata din que serve par renovar enerxías e deixar atrás todo o malo. Pero se queremos ir máis alá e espantar os malos espíritus é obrigatorio saltar a fogueira un número de veces impar.
Outro dos rituais é preparar para esta noite e lavarse mañá coa auga milagreira formada polas sete plantas máxicas: malva, romeu, fento macho, fiuncho, herbaluisa, xesta e os san xoáns, as plantas típicas desta celebración.
E por suposto, outras das costumes que non pode faltar é darlle alegría ao estómago cunhas boas sardiñas, que estes días o seu custe encarece notablemente. Ademais tamén son moitos os que se deciden por un manxar que sempre triunfa: o churrasco.
E ti como celebras o San Xoán?
Comentários