top of page
Foto del escritorLaura Moure / IsmaelRS

O San Caralampio de Melide, a festa máis agardada do ano

Laura Moure//Melide

O San Caralampio celebrouse o pasado domingo dende hai máis de 70 anos. Como marca a tradición sempre é segunda xornada dominical do mes de setembro. Ata a Zona dos Viños acércanse veciños e veciñas deste municipio, pero tamén dos concellos limítrofes. É unha gran xornada para desfrutar desta cita por peñas, as que se diferencian por levar cada unha o mesmo modelo de camisetas. Así é que a cita inúndase de camisetas de diferentes cores e con frases do máis graciosas que cada ano se superan.


Publicidade

Por suposto, e como toda boa festa, non falta a música. Tamén houbo o concurso de debuxo Alberte Lafuente; tiro á lata con escopeta de pau e degustación de pementos, pan, cachelos e mexilóns. E como non podía ser doutro xeito, o viño, a bebida estrela, só ou en calimocho, non puido faltar un ano máis.

ECOS DA COMARCA tamén nos acercamos e mirade que VÍDEO fixemos:

Cando falamos dun evento con tanta tradición temos que remontarnos a súa orixe. E aí entra en xogo o médico Alberte Lafuente que coa axuda dos veciños da localidade apostou por celebrar esta data. Lafuente colleu como exemplo a festa dedicada ao viño que se celebraba en Conxo (Santiago) os primeiros domingos de setembro, polo que decidiu facer o mesmo na localidade melidense, optando polo segundo domingo dese mesmo mes.


Publicidade

Agora comeza a conta atrás para o Caralampio 2024!


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page