top of page

O SAF de Silleda implementará unha APP profesional para mellorar a comunicación entre a coordinación e as auxiliares sociosanitarias

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O Concello e Acción contra el hambre organizan unha xornada para mulleres


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda xa está implementando melloras no SAF, o Servizo de Axuda no Fogar, dando así cumprimento aos compromisos acadados nas últimas reunións mantidas polo goberno municipal tanto cas auxiliares sociosanitarias como cas familias das persoas usuarias. A mellora da comunicación e coordinación entre as auxiliares e as traballadoras encargadas da coordinación do servizo vaise realizar a través da contratación da aplicación CIBERSAD Profesional, ampliando así as ferramentas do sistema de xestión do servizo e facilitando o traballo entre ambas partes.

“Agardamos que con este programa se mellore de xeito sustancial a coordinación do servizo, o que redundará ademais nunha mellor atención ás persoas usuarias”, indica a alcaldesa, Paula Fernández. A formación sobre esta nova plataforma informática que utilizará o SAF de Silleda será impartida polo personal de coordinación a todas as auxiliares sociosanitarias.


Unha das melloras que xa se están a levar a cabo é a continuidade da formación para profesionais sociosanitarias. Así, este martes celebrouse as primeira das sesións formativas para a mobilización de persoas dependentes, curso que se levou a cabo no salón de actos da Casa do Concello. Trátase dun curso exclusivo para as auxiliares sociosanitarias do SAF do Concello de Silleda que continuará o vindeiro martes día 23 tamén en horario de tarde.


Así mesmo, nas vindeiras xornadas realizarase outra das formacións, neste caso centrada en habilidades sociais, e que se vai impartir con persoal técnico do propio departamento municipal de Benestar Social.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Atención psicolóxica e bolsa de emprego

Por outra banda, e tamén a raíz das cuestións que xurdiron nas reunións ca plantilla, xa está tamén activo o servizo de atención psicolóxica para as auxiliares do servizo, que poderán solicitalo no propio departamento de Benestar. “Sabemos que é un traballo duro e consideramos que ademais do esforzo físico hai unha parte emocional que é moi importante atender, en definitiva, coidar das persoas que coidan”, indica a alcaldesa, Paula Fernández.


Dende o goberno municipal tamén se están a ultimar as bases para abrir un novo proceso de contratación de auxiliares ca correspondente bolsa de emprego. “Agardamos que o proceso se active nos vindeiros días de cara a ampliar a plantilla, o que nos permitirá reducir a lista de agarda deste servizo”, conclúe a alcaldesa.


Por outra banda, a concellería de Benestar Social, dirixida por Ángela Troitiño, en colaboración coa ONG Acción contra el hambre, vai realizar o martes 23 de abril unha xornada para mulleres “Nosoutras. Sementando cambio”. Será na Casa da Xuventude de 10:00 a 13:00 horas.


Con esta primeira sesión darase comezo á Comunidade de Aprendizaxe de mulleres. As participantes analizarán cales son as necesidades que detectan, que problemas están sen resolver ou que desexos teñen sen cumplir para así chegar a un acordo sobre un problema ou necesidade común ou maioritario. Ademais, servirá para crear un espazo para coñecer a cada unha das participantes e entender cales son as súas problemáticas concretas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nas próximas xornadas o punto de partida será este problema ou necesidade común e as mulleres asistentes pensarán solucións para votar cales lles parecen as mellores. O obxectivo final é saber se a solución é viable.


Esta xornada enmárcase no marco do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento rural sostible do FSE+ de inclusión social, garantía xuvenil e loita contra a pobreza de Fundación MAFRE. Para máis información e resolver calquera dúbida pódese chamar ao teléfono 986 59 20 37.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page