O sábado 29 de xuño celebrarase o XV Día da Música de Silleda
- Laura Moure
- 16 jun 2024
- 2 Min. de lectura
O 26 de xuño será o último día para a recollida de tickets para a cea
Laura Moure/Silleda
O sábado 29 de xuño celebrarase o XV Día da Música de Silleda. A cita foi presentada este sábado pola Banda de Música Municipal de Silleda e pola Asociación Cultural do Lacón. Ademais, mañá, luns 17 de xuño, na Escola de Música de Silleda de 9:30 a 13:30 horas haberá concertos didácticos para os colexios Mª Inmaculada e CEIP de Silleda.

Lembran que no ano 1982, "o daquela ministro de Cultura do noso país veciño, Francia, decidiu crear unha festa na que a música saíse á rúa. Máis tarde converteuse nun evento a nivel europeo e internacional, celebrándose na actualidade en máis de 100 países. O 21 de xuño ten lugar o solsticio de verán, unha data sinalada sobre todo para os países do
Norte de Europa, impregnada dun carácter máxico. É o día no que o Sol se deixa ver durante máis tempo e, por iso, ao longo da historia se realizaron unha serie de rituais relacionados sobre todo coa fertilidade e co sentido de pedir desexos cumpridos. Aproveitando este día, instaurouse, primeiro en Francia, o Día Internacional da Música, data na que cada ano a música sae á rúa para ser escoitada en todos os lugares do mundo".
Publicidade
No noso país, sinalan, "son moitos os actos que ano tras ano se celebran para conmemorar este día. Do mesmo xeito que os anos precedentes (“Grandes Clásicos", “Jazzilleando”, “Rockasilleando”, “Cubasilledando”, “Folksilleando”, “Sudamericasilleando”...." A Asociación Cultural Banda de Música de Silleda, quérese unirse cunha serie de actividades, que este ano, van estar centradas nunha linguaxe atractiva, tanto para os integrantes da asociación, educandos e toda persoa afeccionada.
Dende a organización, Rafa Agulló e Herminio Gómez agradecen a colaboración do Concello de Silleda, da Deputación de Pontevedra, da Fundación Semana Verde, da Festa do Lacón de Silleda, da Anpa Musiquiños e da Asociación de Amigos da Banda a súa colaboración co Día da Música.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
(Adicado á música pop)
11.00 h. – Pasarrúas da Banda de Música Municipal de Silleda pola vila de Silleda.
11:30 h. – Xogos e obradoiros para a rapazada relacionados coa temática da música pop.
12:45 h. – Promoción e degustación da Festa do Lacón.
13:00 – “Do vinilo ao streaming” Concerto didáctico da Banda Infantil e Xuvenil da EMUSI. Coa colaboración de +QDanza e a escola Studio de Santiago
14:00 – Xantar campestre.
17:45 – “Os 40 Music awards” Festival de Fin de Curso EMUSI.
19:30 h – “Homenaxe aos Tamara” Concerto do BMMS coa colaboración de Paco Lodeiro e os recanteiros Cristina Cimadevila e José Barrán.
21:30 h – Cea de irmandade.
Publicidade
Menú: Empanada, churrasco mixto, pan, viño, refrescos, postre e café. Prezo: Nenos ata 5 anos – 5,00 € // Nenos de 6 a 10 anos – 10,00 € // A partir de 10 anos – 20,00 €. Último día para recollida de tickets o mércores 26 de xuño.
00:30 horas – Verbena con Eme Music.
Comentarios