Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei recibe un segundo paquete para a implantación da fibra óptica nos núcleos rurais. Este que, actualmente, conta co 66% do territorio cuberto recibe agora unha nova implantación de fibra no rural que significará preto de 700 mil euros e que consistirá no despliegue de 70 mil metros lineales de fibra óptica e a colocación de preto de 1.500 apoios para dar servizo ás zonas máis dispersas e alonxadas do municipio. Con esta inversión, que estará rematada a finais de ano, completarase o 97% das vivendas de todo o municipio.
O alcalde, Pablo Taboada, que se reuniu cos representantes das operadoras adxudicatarias do concurso, Rede Aberta e Adamo, amosou a súa satisfación “poder prestar tan importante servizo nas zonas rurais de Palas de Rei”.
Comentários