top of page

O Run Run Monterroso acada podiums nos 21 do Camiño, na carreira Praia de Miño e no Trail Costa Doce

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Monterroso

Este sábado 18 de xuño celebrouse a que nos últimos anos está considerada a mellor media maratón de España, Os 21 do Camiño Palas-Melide. Cun ambiente espectacular e gran afluencia de público a proba contou con máis de 1.000 inscritos entre eles 22 corredores do Run Run Monterroso. O evento, dividido nunha proba 21 quilómetros e outra de seis quilómetros, deparou magníficos resultados.

Nos 21km Rubén Bahía quedou 8º na xeral e 3º da súa categoría na proba dominada polo xa gañador en 3 edicións o atleta portugués Nuno Costa. Dentro da clasificación de atletas locais que englobaba os das comarcas de Melide e a Ulloa houbo dominio dos atletas do Run Run Monterroso con Rubén Bahía como gañador e Felipe Alvarado no 3º posto.

Mentres que na categoría feminina o segundo posto foi para Mari Carmen Gómez. Destacar tamén a boa carreira de Óskar Novo 8º da xeral e María García 4ª muller clasificada na distancia de 6km.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Por outra parte, destaca a magnífico estado de forma da corredora do Run Run Monterroso Aila Fernández con 3 vitorias en 3 probas nas últimas 3 semanas. Tras a vitoria no trail curto de Vilatuxe, o pasado domingo día 12 celebrouse en Sada o VI trail Costa Doce. Finalizado o trail curto foi a primeira muller en chegar a meta co que subíu o máis alto do podium. Este domingo 19 celebrouse en Miño a carreira da Praia na que subiu o podium como gañadora da proba feminina e como primeira clasificada da súa categoría.


NOTICIA RELACIONADA:


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page