top of page

O Rodeiro de Tapas celebrarase o 28, 29 e 30 de xuño

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Un cartel foi editado no propio Concello cunha figura en arume do artista local Pablo Vence


Laura Moure/Rodeiro

Os concelleiros de Rodeiro Xulia Dacal e Alberte Lamazares presentaron este martes o cartaz do Rodeiro de Tapas 2024. Un cartel editado no propio concello cunha figura en arume do artista local Pablo Vence.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

"Este primeiro Rodeiro de Tapas do goberno de coalición tiña claro que debía contar co bo facer do noso artista local e así colaborar na difusión do seu traballo. Esta figura representa a unha muller cunha bandexa de bebidas e tapas co delantal típico galego e transportando na súa cabeza  a identidade das mulleres labregas do noso concello representada na roda do carro", explica o goberno. "Con este traballo, Pablo Vence, plasmou a perfección o que, dende o goberno municipal, poderiamos querer transmitir con este cartel".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Esta edición do Rodeiro de Tapas será distribuída en dúas épocas do ano. Nesta primeira que terá lugar o 28, 29 e 30 de xuño, a hostalaría local ten liberdade absoluta na preparación da súa tapa e na outra, en outono, deberán empregar produtos relacionados co monte como poden ser os cogomelos, mel, castañas, caza, etc e así potenciar uns recursos que poden xerar maior riqueza neste concello.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page