top of page

O Rodeiro de Tapas 2024 celebrase en dúas datas, o último fin de semana de xuño e outra, en outono

Os hosteleiros, segundo o goberno local, tildan de éxito á Festa do Chuletón e barallan ofrezar o menú desta xornada festiva durante todo o ano


Laura Moure/Rodeiro

O goberno de Rodeiro mantivo unha reunión cos hostaleiros do municipio para escoitar as súas valoracións sobre a festa do Sabor Labrego e do Chuletón así coma para o Rodeiro de Tapas 2024. Os concelleiros Alberte Lamazares e Xulia Dacal tomaron nota das opinións dos distintos hostaleiros sobre a Festa do Chuletón, que o sentir unánime foi o de éxito pola festa e xa están pensando na do ano que vén. Tamén se tomou en consideración que os distintos restaurantes ofrezan o menú da Festa do Chuletón todo o ano para convertir a Rodeiro na capital do chuletón de tenreira.

ree

Por outra banda, tamén se lles preguntou pola organización do Rodeiro de Tapas. O goberno preguntoulles se lles parecía mellor amplificar este evento a dúas datas, unha en cada semestre do ano, idea que lles pareceu do seu agrado, polo cal o Rodeiro de Tapas 2024 celebrase en dúas datas, o último fin de semana de xuño e unha segunda entrega, que está sen definir, pero que será na época do outono, meses baixos para a hostalería polo que a nova se tomou con alegría. Este segundo Rodeiro de Tapas que se celebrará en outono, terá como temática os produtos do monte e do outono: cogomelos, castaña, caza, mel, etc


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Outro tema a tratar foi o de facer coincidir o Rodeiro de Tapas cos cantos de taberna. "Dende o goberno escoitamos varias queixas por parte de bares e restaurantes por estes dous eventos á vez. O que se nos trasladou foi que algúns locais teñen pouco espazo e non é doado dar atendido aos clientes, entre outras circunstancias", explican dende o Concello.


Neste aspecto os hostaleiros pediron ao goberno que os cantos de taberna se celebre nunha data distinta o das tapas, o cal se probará este ano para ver como vai. Tamén se nos solicitou que sexa un só fin de semana en xuño e outro no outono. Os concelleiros terán en conta esta petición.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

En definitiva, os edís escoitaron todas as achegas dos implicados e actuarán en consecuencia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page