Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O río Deza volve aparecer cheo de escuma afectando tamén á área da Carixa

O BNG cruceño pregúntalle ao goberno local desta localidade que actuacións está levando a cabo ao respecto


Comunicado do BNG de Vila de Cruces

O río Deza volve aparecer cheo de escuma branca. Ao BNG non nos consta que dende o grupo de goberno se teña feito nada nin hoxe, nin en días pasados, por un verquido similar. Un MiniGoberno concentrado en si mesmo e en manterse na poltrona, que nin se preocupa nin se ocupa dun asunto desta gravidade, e que as únicas novas públicas que aparecen dende a casa consistorial sexa o partillamento en redes sociais dun comunicado elaborado polo voluntariado de protección civil. O sr. Alcalde ten que darse conta que este tipo de verquidos ademais dun atentado ecolóxico que mata o noso río, tamén ten un prexuízo para a veciñanza que acode á Carixa e outros puntos de baño no río Deza ao seu paso polo noso municipio.


Vai sendo horas que se poñan a facer algo e se deixen de atacar ao BNG, os ataques debe gardalos para os responsables de que o Río Deza veña de cor branco. Polo que debido a esta situación, dende o grupo municipal do BNG lle trasladamos as

seguintes cuestións:

-Que accións está a levar a cabo o goberno municipal ante os verquidos no Río Deza?

-Teñen pensado, dalgún xeito, tomar medidas contra os responsables? Cales?

- Comprobarán e informarán do tipo de prexuizos que poden ocasionar para a saúde dos

posibles bañistas ditos verquidos?


Á situación provocada nestes días polos verquidos no Deza súmaselle a mala xestión,

planificación e posta a punto da área recrativa da Carixa.


CARIXA, CHIRINGUTO E ÁREA BIOSAUDABEL.

A 9 de xullo, en pleno verán e xa con afluencia de turistas e visitantes, asistimos incrédulos a como o chiringuito, que sacou a concurso o concello, segue pechado, isto mesmo acontece cos aseos da propia área recreativa.


O Concello aprobou unhas bases que son as que rexen as condicións dos dous chiringuitos que hai na Carixa. O alcalde e os seus concelleiros deben facer para que as instalacións e o entorno estea en boas condicións para desfrute da veciñanza e de todas as persoas que alí se acheguen.


Son moitas as persoas que veñen todos os días e que se atopan co chiringuito e os seus aseos pechados. O alcalde ou fai que non ve, ou non lle importa nada do que se refire á Carixa, unha das áreas máis importantes e visitadas da comarca. Xa non só é cousa de que non se lle fagan cumprir as bases da concesión dos chiringuitos, senón que ademais as piscinas teñen a auga sucia, e en vez de coidar o céspede colocan un anaco de moqueta de plástico, querendo tapar así o traballo que non se fixo neste longo tempo. De novo, parece que a pandemia lle serve a este alcalde e ao seu equipo de goberno para excusar a súa inacción e que preferirían que non se puideran abrir ao público, para non ter nada que facer. Unha vez máis, ponse de manifesto a súa falta de planificación á hora de ter as instalacións municipais en condicións óptimas para o seu uso e disfrute.




47 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE