top of page

O río Brandeso, en Arzúa, tamén se enche de escuma

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Arzúa

Nos últimos días tivemos que dar conta de varios ríos cheos de escuma como o Deza, que afectou aos municipios de Lalín e Vila de Cruces, ou as coñecidas Torrentes de Mácara, entre os concellos de Palas de Rei e Agolada. Varios colectivos e grupos políticos alertaban este martes da presencia tamén de escuma no río Brandeso, afluente do Iso, en Arzúa.

"Produciuse esta vertedura contaminante nun dos lugares de maior riqueza pasaxística e ambiental de Arzúa, a Fonte Santa. O goberno municipal foi avisado e nin se dignaron a aparecer por alí. Dende o BNG esiximos maior responsabilidade e vixilancia por parte das administracións públicas para que estes feitos non se repitan", reclama o BNG de Arzúa a través do seu perfil de Facebook.

Escuma neste río de Arzúa.

Autor: BNG de Arzúa.


Vídeo publicado por Troiteiros Ríos Furelos Melide.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page