top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Punto de Atención á Infancia de Agolada arranca cunha decena de nenos

Aínda quedan 10 prazas e os interesados deben anotarse no Concello


Laura Moure/Agolada

O Punto de Atención á Infancia (PAI) de Agolada arrancou o pasado día 1 cunha decena de nenos. Todos, agás un, xa asistiron o curso pasado. En total ofértanse 20 prazas e os interesados poden aínda anotarse ata que se cubran todas.


Cabe mencionar que poden desfrutar deste servizo os cativos de tres meses a tres anos. O curso pasado rematou con 13 nenos. O horario de momento é de 9:30 a 17:30 horas, pero tal e como indica Lorena Costa, a persoa que xestiona o PAI, este pode modificarse, porque sempre depende do horario que prefira a maioría de pais.

O PAI de Agolada.

Documentación que deben achegar

Os interesados deben anotarse no Concello. E a documentación que deben adxuntar é

a seguinte: fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia do solicitante,

acreditación de familia numerosa (de ser o caso), certificado médico do neno (que deberán recoller de xeito específico as enfermidades infecto-contaxiosas); copia da

tarxeta sanitaria da seguridade social ou análoga en vigor, tres fotografías do neno

tamaño carné, autorización por escrito das persoas que poderán recoller ao neno e

que se acompañarán do DNI que teña unha fotografía clara; para tratamentos

médicos, xunto a unha autorización para a súa aplicación polo persoal do centro, acompañarán copia cotexada das receitas médicas coas especificacións indicadas polo

facultativo para a administración do mesmo (frecuencia e dose); indicarase de maneira

concreta e por escrito as alerxias e outras problemáticas que puideran padecer os nenos: alimentos, materias como ceras, pinturas… e certificado do número de conta

bancaria.


As familias empadroadas no municipio de Agolada pagarán ao mes 60 euros polo primeiro fillo e o segundo e os consecutivos acudirán gratis e non terán que abonar matrícula. Cabe recalcar que se unha familia ten máis dun fillo, aínda que non asistan todos ao PAI e ata que os demais sexan maiores de idade, terán tamén este servizo totalmente gratuíto. Mentres, para os foráneos o prezo será de 90 euros de matrícula e ao mes polo primeiro fillo deben pagar 110 e para os seguintes tamén serán gratuítos.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page