top of page

O Pub Morris de Monterroso aporta o seu graniño para que ningún neno do municipio quede sen agasallo

Laura Moure/Monterroso

Os nenos e nenas de Monterroso poderán desfrutar dos seus xoguetes coa aportación económica do Pub Morris e a colaboración do Concello de Monterroso. A entrega realizouse este mércores ao Concello de Monterroso. O encargado foi José Antonio Ríos en representación do local de ocio Disco Pub Morris, que lle fixo entrega da contía á alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas, ao tenente de alcalde, Eloy Pérez, e ao concelleiro de Xuventude, Marcos Otero.

Trátase dunha contía de mil corenta e catro euros recadados nunha campaña realizada polo local chamada Novembro Solidario. Na campaña, tódolos sábados do mes de novembro o establecemento ofrecía ao seu público unha actuación musical e os clientes que así o desexaran no momento de acceso facían unha aportación voluntaria.


"É unha iniciativa solidaria que mostra o cariz dun xove emprendedor que a pesar das

dificultades provocadas pola Covid-19 decide apostar abrindo o seu negocio e mostrar que é posible dinamizar o Concello e contribuír a labores sociais", sinala o Concello.


A alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas, agradece a solidaridade desinteresada e pon como exemplo este feito para recalcar a gran implicación social dos monterrosinos.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page