O PSOE recuperará o Cine Lalín para convertelo nun centro escénico municipal
- ecosdacomarca
- 14 may 2023
- 2 Min. de lectura
Anxo Álvarez, membro da candidatura, expón que “é unha instalación que está totalmente abandonada e queremos darlle unha nova vida e así contar cun espazo onde se potencie a cultura local”
Ecos da Comarca/Lalín
O PSOE de Lalín ofrece un programa cultural "atractivo e no que se teñen moi en
conta todos os colectivos culturais e artistas que temos no municipio, que son moitos e
non se lle dá o valor e a visbilidade que merecen”, explica o membro da candidatura
socialista, Anxo Álvarez. A medida estrela neste eido é establecer un convenio de mecenado para recuperar o Cine Lalín.

“Esta instalación está totalmente abandonada e queremos darlle unha nova vida”, expón Álvarez e aclara que o obxectivo é convertelo nun Centro Escénico Municipal paraalbergar unha Escola Municipal de Teatro e tamén empregalo coma un espazo de exhibición cinematográfica. “Lembramos que Crespo ía traer os cines de volta a Lalín e o máximo que fixo foi colocar un proxecto no Auditorio, o cal xa houbo en actos que non funcionou, e realmente este espazo non ten a esencia dun cine”, comenta o membro da candidatura socialista.
Para conseguir isto, negociarase coa entidade bancaria, propietaria do inmoble, a súa
reforma e destinarase a uso cultural. “Neste espazo potenciarase a cultura local,
fundamentalmente, que tan abandonada está e na que só se teñen en conta os amiguismos, sen potenciar todos os/as artistas que temos”, indica Álvarez. Así mesmo, no programa cultural da candidatura socialista tamén se contemplan outras medidas como adherirse á plataforma e-film, que xa fixeron noutros municipios e ten éxito.
“Lalín eFilm será un servizo de streaming gratuíto que se ofrecerá na Biblioteca Municipal,
no cal se poderán ver películas e series a través do carné da biblioteca. Ten un uso
sinxelo e intuitivo e permitirá potenciar a cultura cinematográfica entre os máis novos”.
Outra das medidas é crear unha biblioteca itinerante que percorra as parroquias do
Concello, de maneira que se achegará o hábito da lectura ao rural. Tamén se potenciará a
licenza Creative Commons nos contido financiados con cartos públicos, “xa que
consideramos que a cultura debería ter acceso libre para a veciñanza”.
Así mesmo, tratará de recuperarse a ruta cultural feita hai catro anos, “A ollo ceibe”, na
que se fixo un roteiro cultural teatralizado no que se poñían en valor persoeiros relevantes
da nosa historia. “Cremos que é un xeito de mesturar a cultura co deporte, dándolle
visbilidade a personaxes da nosa historia que para moita mocidade son descoñecidos.
Hai que potenciar a nosa cultura e darlle valor aos nomes relevantes que temos no noso
Concello”, destaca Álvarez e conclúe afirmando que para o grupo socialista “a cultura é
fundamental para avanzar como sociedade, por iso lle daremos moito pulo e contamos
cun programa completo neste sentido, que poden consultar na nosa web
Bình luận