top of page

O PSOE recrimina as declaracións do alcalde de Lalín sobre Altri

"Crespo demostrou unha vez máis a súa falta de rigor e a súa obsesión por dividir á sociedade con discursos simplistas, demagóxicos e insultantes", subliña


Ecos da Comarca/Lalín

Os socialistas de Lalín consideran que o alcalde de Lalín, José Crespo, "demostrou unha vez máis a súa falta de rigor e a súa obsesión por dividir á sociedade con discursos simplistas, demagóxicos e insultantes. O seu recente ataque aos opositores ao proxecto de Altri, cualificándoos de perroflautas urbanitas que viven en áticos en cidades, ademais dunha descualificación dun nivel impropio dun alcalde, é un intento de desviar a atención dun debate que debe ser serio porque afecta de maneira directa a Galicia e a Lalín".

As declaracións de Crespo, sinalan, "non só mostran un alarmante desprezo por quen discrepa da súa postura, senón que simplifican unha cuestión que hai que tratar cun mínimo de seriedade". Lembran que hai voces críticas co proxecto de Altri tanto no rural como no urbano, “como hai xente a favor que da celulosa que vive no rural en mansións con grandes muros e piscina climatizada”. 


Sinalan que a posición de Crespo "tamén revela unha incoherencia absoluta, pois cando se tratou do proxecto de RACSO, un proxecto que é era un rato á beira do elefante que é Altri, a empresa contaba con informes de impacto ambiental favorables asinados por técnicos da Xunta, pero iso non lle bastou a Crespo, que se posicionou en contra para tratar de desgastar ao goberno de coalición".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Agora, con Altri, sinala "eses mesmos informes si lle serven para xustificar o seu respaldo incondicional. Os informes da Xunta valen só cando lle convén?. O PSOE de Lalín non entra no xogo da demagoxia nin do populismo barato e defende un debate serio, e non en discursos fáciles que buscan dividir á xente. Crespo debería deixar de lado a propaganda e empezar a escoitar o rexeitamento maioritario da veciñanza contra a celulosa".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page