top of page

O PSOE recrimínalle a Crespo que "venda emendas da súa nefasta xestión en políticas de vivenda"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Dende o grupo socialista de Lalín indican que "está a recoñecer que se equivocou na súa política urbanística e agora quere facer emendas cando xa sabía que estes espazos non ían ter saída comercial”


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín recrimínalle ao actual alcalde, José Crespo, que saia con

medidas que “son fume” e que serven para tratar de cubrir “a súa nefasta xestión” en

políticas de vivenda durante os máis de 30 anos que leva dentro da Casa Consistorial.

Non sacou adiante ningunha medida neste sentido e “agora quere lanzar propostas que

están baleiras de sentido”.

Dende o PP de Lalín falan de baixos situados na periferia e que deste xeito se daría cobertura a demanda de vivenda que hai en Lalín, mais dende o grupo socialista apuntan

“que isto non daría cobertura ás numerosas solicitudes que hai na actualidade”. Ben é

certo que estes baixos non teñen saída como espazos comerciais e que poderían ser

empregados como vivendas ou espazos residenciais, “pero esta proposta non é eficaz

para dar cobertura a toda a demanda que hai”.


Ademais, “isto é unha mostra de que Crespo recoñece que se equivocou na súa política

urbanísitca e pregúntanlle como non se planificou antes que os baixos da periferia fosen

vivendas. Promoveron novos desenvolvementos durante a burbulla inmobiliaria, cando

estaba claro que os espazos non ían ter saída comercial”. Engaden que se esquivocou

neste sentido e que ademais vendeulle á veciñanza que participaba nos

desenvolvementos que ía haber comercios nestas zonas, pero “agora é un desastre. Hai

que gastar diñeiro para converter baixos en vivendas, cando xa de entrada terían que haber sido vivendas”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Así mesmo, afirman dende o grupo popular que esta medida será tamén beneficiosa para

as persoas con mobilidade reducida, pero “canto de efectivo é para estas persoas vivir as

aforas de Lalín?”, pregúntanlle os/as socialistas a Crespo e engaden outra cuestión,

“coñece o estado das rúas que están situadas na periferia?”. Ante isto, xa lle responden

afirmando "que ten un total descoñecemento, xa que a maioría das aceras presentan un

mal estado, son imposibles de transitar ou inseguras para as persoas con mobilidade

reducida, xa no propio casco urbano hai moito que mellorar neste eido, máis nas aforas

de Lalín”.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page