top of page

O PSOE reclama un modelo peonil para o centro de Lalín e pídelle á AED que aclare a súa postura

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Os socialistas presentarán unha moción solicitando a peonalización de Principal e Loriga tan pronto rematen as obras


Ecos da Comarca/Lalín

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Lalín propón a peonalización das rúas Principal e Loriga unha vez rematen as obras de humanización que as converterán en vías de plataforma única adaptadas totalmente a unha mobilidade peonil e sostible. Os socialistas lembran que "este proxecto foi impulsado e deseñado polo goberno anterior co fin de introducir paso a paso en Lalín un modelo urbano no que os espazos públicos do centro fosen cada vez máis para a xente e menos para os coches". Consideran que carece de sentido investir 700.000 euros en adaptar e modernizar as rúas para que ao día seguinte continúen circulando os vehículos a motor.


O voceiro municipal, Román Santalla, considera que "non é o momento de andar con

medias tintas e sinala que hai que poñer sobre a mesa o debate e aclarar todas as posturas nun escenario no que Lalín se está quedando descolgado en comparación

con outras vilas por culpa dun PP que vai contra o mundo e permanece estancado

nun sistema arcaico que xa ninguén defende". Porén, anuncia a presentación para o

próximo pleno dunha moción solicitando a peonalización de Principal e Loriga cando rematen as obras de rexeneración e a posta en marcha dunha proposta de peonalización do centro revisable e aberta na que participen o maior número de voces posibles, incluídas as da veciñanza.


Román Santalla.

O PSOE pídelle ao PP que explique con claridade os motivos polos que prefire un casco urbano cheo de coches fronte un Lalín moderno e adaptado aos tempos actuais onde as familias gocen de espazos seguros e saudables ao aire libre e se respire menos contaminación.


Ao mesmo tempo, o Grupo Municipal Socialista reclámalle á AED que se pronuncie sobre este debate e que sinale publicamente, tal e como fai a Asociación de Comerciantes da Estrada, se prefire o modelo de Crespo con rúas cheas de coches ou se defende como o resto da sociedade que as rúas accesibles á xente son beneficiosas para o comercio de proximidade. Nesta liña, recorda que o plan estratéxico sobre o comercio de Lalín financiado polo anterior goberno establecía a peonalización do centro como unha das fórmuals fundamentais para mellorar a situación do sector. Así mesmo, o Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín tamén incide en avanzar cara un modelo con máis espazo para a xente e menos para os coches.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page