top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PSOE reclama melloras no CPI Fonte Díaz de Touro a cargo ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica


Ecos da Comarca/Touro

A parlamentaria socialista Noa Díaz vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Consellería de Educación que execute a mellora do patio do CPI Fonte Díaz de Touro con cargo ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

A responsable socialista lembra que a Consellería "segue sen facer públicas" as previsións de actuacións do dito Plan, polo que “descoñecemos se o CPI de Touro é un dos afortunados”. Lembra que o centro “precisa de accións de mellora ás que o Concello non fai fronte”, así como a conversión do patio de xogos nun espazo inclusivo con zonas multixogo e multideporte, unha das claves daquel Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.


Estas actuacións foron incluídas como emenda do Grupo Socialista aos Orzamentos da Xunta para este ano por iniciativa do Grupo Municipal Socialista de Touro, e apoiadas por diversos colectivos do Concello, "pero sen embargo foron rexeitadas de plano polo PP no Parlamento de Galicia", recalca.

Díaz lembra que a educación pública de calidade debe de estar garantida “en tódolos lugares do noso territorio”, para o que “é preciso dotar de recursos aos centros educativos” e asegurar a plena integración de todo o alumnado, “acorde a uns tempos nos que a inclusión dos nenos e nenas pasou a ser xa unha prioridade do noso sistema pedagóxico”.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page