O PSOE reclámalle a Crespo que escoite á veciñanza afectada polas obras da Avenida Xosé Cuiña
- ecosdacomarca
- 14 mar 2023
- 2 Min. de lectura
“Non será tan difícil buscar unha solución ao entronque duns camiños cando fixeron, polo menos, dúas reformas do proxecto”, afirman os socialistas
Ecos da Comarca/Lalín
O grupo socialista de Lalín lamenta que o Goberno de Crespo "estea a pasar por riba de
veciños e veciñas do Agro do Regueiriño que defenden os seus intereses e que advertiron
de xeito reiterado ao Goberno Municipal sobre os accesos as súas fincas".

Os socialistas lembran que foi unha obra plantexada polo Goberno anterior, pois estaba
incluída na Estratexia DUSI Lalín SSUMA 21, e trátase dunha actuación moi importante
“ante as evidentes eivas de seguridade e a barbaridade urbanística planificada no PXOM
de Lalín, que dificultaba avanzar na dotación dunha Avenida que separa o casco de
lugares de moita importancia”. Así, indican que o Goberno de Crespo dedicouse ç2a unha
táctica dilatoria para agochar os logros do anterior Goberno, pero non prestou atención ás
necesidades veciñais".
A bancada socialista recorda que deixaron un proxecto que o PP "reformou en reiteradas
ocasións e semella que en ningunha delas fixeron caso aos/as propietarios/as dos terreos". Así lembran que o 6 de setembro de 2019, ao pouco de chegar ao Goberno, anunciaron que o proxecto reducírase e que sería licitado no primeiro semestre de 2020. "Non chegou a facerse realidade porque o actual alcalde pretendía agochar que fora algo proxectado polo Goberno anterior. Posteriormente, o 14 de novembro de 2020, pasaron a dicir que se licitaría a primeiros de 2021 cun orzamento de 883.111 euros, algo que novamente non sucedeu coa técnica dilatoria de Crespo antes mencionada. Finalmente, licitaríase en xuño de 2022 por unha cantidade maior e adxudicouse en agosto de 2022".
Ademais, o grupo socialista lembra "o nefasto estado do firme" do que tamén responsabilizan a Crespo “pois votou en contra, co apoio do tránsfuga, e agora meteron o
asfaltado que tiraron abaixo dun xeito vergoñento”. Polo tanto, recalca, "o proxecto foi modificado polo Goberno de Crespo en, polo menos, tres ocasións sobre o orixinal así que non vale culpar ao goberno anterior, que xa cansa que non asuma as súas responsabilidades”.
Para os socialistas resulta "escandaloso que se cambie o proxecto tres veces e en ningunha ocasión tiveran en conta aos veciños e veciñas, donos dos terreos, que teñen acceso ás súas fincas, en realidade parece que lle tomaron o pelo a eles e a todos os lalinenses, polo que agora o mellor para o interese xeral é escoitar, aínda que iso semella difícil tratándose de Crespo”, afirma Alba Forno, candidata socialista á Alcaldía.
“Se esperaron tres anos para facer a obra ben poden agardar unhas semanas máis para
solventar este problema. Se a Crespo lle molesta non inaugurala, que non se preocupe
que xa o invitaremos ao acto, pois se hai algún culpable de que a obra non estea xa
rematada é el mesmo”, sinala Forno. Para a candidata socialista a mellor proba desta estratexia dilatoria radica en que a obra foi adxudicada en agosto para rematar en seis meses e pasaron xa sete e aínda lle queda.
Commentaires