O PSOE reúnese cos veciños da rúa Álvaro Cunqueiro e esixe que se recupere a “seguridade”
- ecosdacomarca

- 13 jul 2025
- 2 Min. de lectura
“O Goberno de Lalín tamén ten que escoitar aos veciños/as e explicarlles en que situación se atopan os trámites postos en marcha para darlle solución ao edificio”, recalca
Ecos da Comarca/Lalín
Os socialistas de Lalín mantiveron unha reunión coa veciñanza da área da rúa Álvaro Cunqueiro, onde un edificio abandonado está a converterse nun foco de problemas de convivencia. A voceira do PSdeG-PSOE, Alba Forno, xunto con membros do partido escoitaron e apoiaron á veciñanza desta área que está a sufrir un problema de seguridade pública e que demandan unha solución “urxente”.

A intranquilidade que están a padecer os veciños/as desta área levou ao grupo socialista a manter unha reunión aberta na que escoitaron e mostraron o seu apoio para tratar de que se solucione “o antes posible” as problemáticas que causa o edificio abandonado. “A
principal complicación que perciben son os okupas, que están a causar problemas de seguridade, ademais da insalubridade da propia zona que vai en aumento”, describe a
voceira e engade que “perderon toda a tranquilidade que tiñan nestas rúas”.
Forno lamenta que teñan que vivir nesta incerteza constante e convivir con persoas que están a perturbar a súa vida diaria. Ante isto, esixe que se tome unha decisión urxente e
eficaz en canto ao edificio abandonado que se atopa nesta área. A maiores, súmase o
problema do “feísmo” que causa dita “estrutura, a cal leva moitos anos nese estado e
mesmo deteriorándose”.
Publicidade
Lembra que unha das medidas que se debería poñer en marcha “de xeito inmediato” é a apertura da rúa Álvaro Cunqueiro. “Co maior tránsito de vehículos e persoas pola zona, a área tería maior vida e deixaría de ser unha área marxinada, chegando así a reducir ou
acabar cos conflitos diarios que están a padecer”.
Engade que o Goberno tamén se debería reunir e explicarlles en que situación se atopa a licenza do edificio, cales son os prazos que manexa e que pasos darán a posteriori. “É obriga deles informar á veciñanza e ofrecerlles algo de tranquilidade, pero fomos nós quen lles explicamos en que punto se atopa a situación da licenza”.
Publicidade
Medidas veciñais
Este tema será debatido no vindeiro pleno e dende o grupo socialista preguntarán ao Goberno por como se atopa a situación “e que van a facer para devolverlle a tranquilidade
a esta veciñanza, que é a súa maior preocupación”. Lembran que esta problemática xa foi
levada a pleno polo partido en abril, “e xa puideron ir avanzando algo”.
Forno asegura que “seguiremos o tema de cerca, apoiaremos todas as iniciativas que poñan en marcha, como a recollida de firmas que logo iniciarán, e tamén estaremos pleno tras pleno preguntando ata que esta zona volva a recuperar a seguridade que tiñan”.








Comentarios