O PSOE propón un cambio estatuario na mancomunidade de Deza para mellorar a súa xestión
- ecosdacomarca

- 25 ago 2021
- 2 min de lectura
Apunta a que a presidencia sexa rotatoria en cada lexislatura, sexa cal sexa a cor política dos alcaldes ou alcaldesas elixidos.
Ecos da Comarca/Deza
O grupo do PSdeG-PSOE plantexará nas vindeiras reunións da Mancomunidade Terras do Deza realizar unha serie de cambios a fin de mellorar o funcionamento desta entidade comarcal. Así, os socialistas dezanos plantexarán primeiramente que se deixen as cuestións políticas á marxe, ao máximo posible, da xestión deste organismo, no que ven urxente un cambio de rumbo, polo que se piden cambios nos estatutos. Neste senso, proporán que a presidencia sexa rotatoria en cada lexislatura, sexa cal sexa a cor política dos alcaldes ou alcaldesas elixidos.
Esta proposta pasa por outorgar á Xunta de Goberno da Mancomunidade todo o peso na xestión que permita a lexislación, a fin de mellorar o seu funcionamento. Do mesmo xeito, dende o PSdeG-PSOE, advirtese como en ocasións anteriores da necesaria reorientación da Mancomunidade, para dotala de máis contidos e competencias, máis aló do mero uso
de maquinaria de obras. Unha das posibilidades que apuntan é a contratación para a captación de fondos europeos que permitan realizar actuacións e investimentos a fin de mellorar a calidade nos servizos dos Concellos.

O voceiro dos socialistas na Mancomunidade, Manuel Cuiña Fernández, indica que a situación da Mancomunidade obriga a tomar decisións urxentes. “Ou se cambia o rumbo para salvar este organismo, ou veremos como a Mancomunidade estará avocada a disvolverse”, sinala.
Cuiña, alcalde silledense, advirte ademais que dende o Concello de Silleda “ou hai cambios neste sentido para mellorar e diversificar as accións, ou tamén se plantexará o abandono da Mancomunidade”.
Cabe mencionar que no último pleno ordinario de Agolada, que foi no mes de agosto, o Concello de Agolada decidiu abandonala.






Comentarios