top of page

O PSOE preguntará no Parlamento polo ximnasio do Pino

Ecos da Comarca/O Pino

O Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, tras a solicitude do PSdeG do Pino, preguntará no Parlamento Galego polo ximnasio do concello do Pino. "Un pequeno espazo situado no pavillón do Lameiro, dotado de distinto equipamento deportivo (cintas de correr, elípticas, bicicletas estáticas, remo, etc..), adquirido grazas aos fondos europeos".

Concretamente, cofinanciado a través das axudas do Programa Leader -anualidade 2019-, e que o alcalde do PP, Manuel Taboada, non puxo a disposición da veciñanza, segundo denuncia o PSdeG local. O Grupo Municipal Socialista do Pino "canso de demandar" durante os últimos dous anos a posta en marcha desta instalación deportiva, solicitou, no último trimestre do ano 2021, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural un requirimento para que o Concello do Pino procedese á devolución da axuda recibida por incumprimento reiterado da normativa e, tamén, da lei de subvencións. “Requirimento que visto o visto nin se molestaron en contestar”, denuncia o voceiro socialista do Pino, Óscar Vilar.


"Agora, pasados máis de seis meses, e ante a nula resposta recibida elevan o asunto ao Parlamento Galego, co obxecto de que a Directora Xeral do Agader, Inés Santé, responda en sede parlamentaria. Informando das medidas que vai tomar a Xunta de Galicia, e que ao mesmo tempo explique cal é a opinión que ten a dirección xeral do Agader sobre este asunto".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page