top of page

O PSOE lamenta "a instrumentalización política que fai o PP do Cocido" e alerta de “signos de debilidade” do día grande

Critica "o uso partidista e sectario da Encomenda, con catro novos comendadores militantes do PP"


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira socialista de Lalín, Alba Forno, lamenta "que un ano máis o festexo máis senlleiro do pobo de Lalín quedase empanado pola constante instrumentalización política do Partido Popular. O desfile de cargos, excargos e xente do PP volveu acadar este ano tintes grotescos, afastando cada vez máis a Feira do Cocido do seu verdadeiro espírito: unha festa da xente e para a xente".


Desde o PSOE denuncian que a Feira do Cocido avanza cara un modelo "cada vez máis político provocando o desapego da maior parte de cidadáns e visitantes, “en contraste co

modelo popular que sempre defendemos os socialistas”. "Non compartimos que haxa 100 “autoridades” nun palco vendo as carrozas por enriba do pobo ou que catros dos novos

comendadores deste ano sexan militantes do PP”, sinala, aclarando que “nos gustou moito o pregoeiro e non temos nada que dicir sobre os comendadores que non son políticos do PP”.

A voceira socialista cargou contra o “uso partidista e tremendamente sectario” que o PP fai do acto da Enconmenda á que asistiron en sinal de respecto ao pobo de Lalín. Non obstante, lembrou que a Encomenda do Cocido, tal e como rezan os seus estatutos, é un organismo que, aínda que promovido polo Concello, ten carácter estritamente privado. “É unha asociación que non ten nada que ver co Concello, aínda que os seus fundadores fosen no seu día o alcalde Crespo e concelleiros do PP, entre outros”, explica Forno, ao tempo que pide explicacións dos motivos polos que esta asociación gasta libremente fondos municipais sen ningún tipo de convenio ou acordo co Concello e se apropia das instalacións municipais no día do Cocido sen tan sequera solicitalas formalmente como debería facer calquera outra asociación.


"O noso compromiso é claro: queremos unha Feira do Cocido que devolva o protagonismo á xente, non un desfile de amigos do alcalde Crespo", asegura a voceira socialista, polo que solicita “democratizar e Encomenda e afastala do uso partidista que fai o PP”. “Se a Encomenda a organiza o Concello e non a propia asociación a modo privado, non ten lóxica que as distincións as realice o alcalde a dedo e os nomeamentos deberían ser transparentes e participativos”. Así, aludiu a permitir que a veciñanza de Lalín participe na

elección dos novos comendadores a través dun sistema de votación aberta entre unha

serie de candidatos propostos por diferentes colectivos sociais, culturais e económicos, ou

a crear unha comisión plural e independente, composta por representantes do tecido

social, cultural e económico do municipio, que propoña e seleccione os novos comendadores con criterios baseados no mérito, na contribución á Feira do Cocido e na

súa implicación coa vila. Ademais, Forno reclama que o orzamento destinado á Encomenda sexa público e sometido a control.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dúas feiras, dous modelos

Forno subliña que hoxe conviven dúas feiras en Lalín: "a feira da xente, que sempre estáá altura e a feira do PP, cada vez máis afastada do sentir maioritario do pobo". Así, alertou de que a Feira do Cocido volveu amosar este ano "signos evidentes de debilidade, cunha menor afluencia de público que se ven notando xa desde edicións anteriores". “Aínda que

segue vindo moita xente, lonxe quedan aquelas Feiras de récord como a de 2017. Queultimamente hai menos xente é unha cuestión obxectiva que percibe na rúa calquera

veciño ou veciña”.


Sinala cuestións "como a redución na participación no desfile, cun número decrecente de

carrozas e reclama que o Concello debe repensar a estrutura do evento, fomentando a diversidade de actividades, transformando o modelo de desfile e introducindo cambios no

programa para atraer e diversificar o público e recuperar o verdadeiro espírito da Feira do

Cocido como referente gastronómico e cultural de Galicia".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page