top of page

O PSOE insta ao Concello a corrixir o resultado de masas comúns da parcelaria de Val, Bermés e Sello

Alba Forno, candidata á Alcaldía de Lalín, e Norma Fernández, membro da súa candidatura, reclaman a inclusión da Telleira de Sello dentro das masas comúns para poder restaurala no futuro


Ecos da Comarca/Lalín

As parcelas integradas nas masas comúns dos procesos de parcelaria teñen a función de

permitir correccións e compensacións durante o tempo que dura o procedemento, pero

tamén teñen unha importancia enorme para o interese común, en tanto que o Concello

ten a potestade de solicitar a cesión en propiedade de parcelas integrantes da masa

común para fins que redunden en beneficio da veciñanza da zona, sinalan os socialistas de Lalín. Por iso, engaden que "resulta fundamental que o Concello de Lalín presente neste momento as oportunas alegacións en relación ás masas comúns que figuran na enquisa previa co obxectivo de obter no seu momento a cesión de parcelas para fins de interese xeral".

Norma Fernández e Alba Forno.

Pódese falar, sinala o PSOE, por poñer algún exemplo, "de parcelas que pola súa situación sexan aptas para a localización de depuradoras (esta zona non dispón aínda de saneamento), de parcelas limítrofes coa instalación deportiva do campo de fútbol de Bermés, que non ten as dimensións regulamentarias, ou parcelas limítrofes con campos da festa, locais sociais etc. que permitan a súa ampliación de ser necesario". Tamén aquelas parcelas que engloben elementos e áreas sensibles a efectos ambientais ou de patrimonio que se deberían preservar no proceso de concentración. “Estamos a falar de formacións de arboredo autóctono, cursos fluviais secundarios, áreas de braña ou asolagamento e a súa vexetación característica, especies vexetais e/ou faunísticas endémicas, singulares e/ou protexidas, e os elementos do patrimonio cultural, tanto arqueolóxico como arquitectónico e etnográfico”, explica Norma Fernández, membro da candidatura de Alba Forno.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Na proposta de fincas novas que figuran na enquisa actual, asegura que "no que se refire á elección das masas comúns, non parece que se tivese en conta os fins de interese xeral que se citan no parágrafo anterior, como a Telleira ou Lagoa grande de Sello, figura no medio e medio dunha finca privada, non nunha masa común; por outra banda no campo de fútbol de Bermés, non se prevé ningunha masa común que permita a súa ampliación, absolutamente indispensable para poder ter unha instalación coas dimensións regulamentarias; non se preservaron os cursos fluviais secundarios nin a súa vexetación nin a súa fauna (existen zonas deste tipo onde se aprecian exemplares de patos salvaxes, como o caso do Regato de Lamachá) nin tampouco se preservaron elementos do patrimonio cultural como muíños de herdeiros (polo tanto de uso comunitario) nin mámoas existentes que quedan dentro de fincas privadas en lugar de estar en masas comúns".


“O Concello de Lalín non pode deixar pasar este momento sen presentar as oportunas

alegacións antes do día 15 para que as masas comúns da parcelaria de Val-Vermés-Sello

redunden en beneficio dos veciños da zona e do interese xeral da zona e de todo o

concello de Lalín”, explica Fernández e engade que “tamén debería preocuparse por que

non se inicie a partir deste momento un proceso indiscriminado de tala de frondosas,

afortunadamente moi abundantes na actualidade, como ocorreu no seu momento coa

parcelaria de Santiso”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page