top of page

O PSOE e UxR instan á Xunta a contemplar partidas económicas nos orzamentos da Xunta para Rodeiro

Entre as súas peticións figuran unha depuradora de auga ou 1.500.000 euros para o remate das obras no edificio polivalente previa modificación do mesmo, para que nel se execute un PAI e un Centro de Día


Ecos da Comarca/Rodeiro

O PSOE de Rodeiro e Unidade por Rodeiro levarán ao vindeiro pleno unha moción para instar a Xunta de Galicia a contemplar partidas económicas nos orzamentos da Xunta para Rodeiro.

"A Xunta de Galicia, un ano máis, non orzamenta cantidade algunha para o noso

concello. Son moitas as promesas que historicamente se nos teñen feito, mais a realidade e que ano tras ano non aparecemos na distribución económica. A Xunta proxecta depuradoras pero ningunha en Rodeiro. A Xunta proxecta instalación de atención aos maiores pero ningunha en Rodeiro. A Xunta contempla inversións nos concellos limítrofes de Lalín e Dozón pero ningunha en Rodeiro", sinalan.


Publicidade


"Consideramos necesario elevar a nosa inquietude ao Pleno da corporación municipal coa finalidade de instar ao Partido Popular de Rodeiro apoie e deixe de promover o abandono da administración autonómica coa veciñanza de Rodeiro coa mera intención de prexudicar ao goberno local. A oposición debería demostrar, co apoio a esta iniciativa, con quen se sitúa. Na defensa dos intereses Cambotes ou apoia o abandono da Xunta de Galicia con Rodeiro. Rodeiro leva moitos anos esperando por unha depuradora para deixar de verter ao río Arnego, tamén necesitamos dun PAI digno e un Centro de Dia. Inversións tan básicas coas que contan a maioría de concellos galegos. Todos e todas debemos tomar nota do resultado electoral, a veciñanza de Rodeiro estaba cansa de promesas e abandono, debemos asumir as nosas responsabilidades e deixar de lado cores políticas e intereses persoais. Debemos defender dunha vez e por todas os intereses da veciñanza que defendemos defender".


Por todo o exposto propoñen que, previa deliberación e votación, o Pleno do

Concello de Rodeiro adopte o seguinte acordo:


Publicidade

1º Instar á Xunta de Galicia a que contemple nos orzamentos do ano 2024 as seguintes inversión en Rodeiro:

a) Depuradora de auga.

b) 1.500.000 euros para o remate das obras no edificio polivalente previa modificación

do mesmo, para que nel se execute un PAI e un Centro de Día.

c) Consignación suficiente para o desenrolo de Solo Industrial en Rodeiro.

d) Consignación suficiente para a mellora de finca da concentración parcelaria “

Val de Camba”.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page