top of page

O PSOE do Pino solicitará no pleno deste mércores a construción do centro de día

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Esixirá ao alcalde que explique cales foron os motivos para renunciar “a última hora” aos 161.665 euros concedidos polo AGADER para levar a cabo este inmoble


Ecos da Comarca/O Pino

O Grupo Municipal Socialista do Pino leva ao pleno do mércores, 30 de marzo, unha iniciativa para que o Concello solicite as axudas, destinadas a construcións de centros de día e residencias, previstas no Acordo Marco que vén de asinar a FEGAMP e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Axudas con cargo ao fondos europeos e destinadas para os concellos de menos de 20.000 habitantes, dando prioridade aos de menor poboación e a todos aqueles que carecen deste tipo de instalacións como é o caso do concello do Pino.

Nesta mesma moción os socialistas esixirán ao popular, Manuel Taboada, que explique que motivos ou causas xustifican que o Concello renunciara á axuda, por un importe de 161.665 euros, concedida polo AGADER para a construción e posta en marcha do centro de día do Pino.


Critican que esta renuncia “de última hora” provocou que ningunha outra entidade pública ou privada puidese beneficiarse dos fondos do Programa Leader xestionados polo GDR Ulla Tambre Mandeo, “e atrasa a posta en marcha da instalación prevista para outubro do ano 2022”, afirman desde o PSOE.

Califican os feitos como graves e máis que reprochables. “Este é o respecto que mostra o

actual presidente do GDR e alcalde de O Pino polo resto de axentes que forman o GDR”,

critica Óscar Vilar, voceiro do PSOE do Pino.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page